Partes do microscopio óptico e funcións

Clasificado en Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,38 KB

Partes do microscopio óptico e as súas funcións

Ocular: Lente situada na parte superior do tubo, por onde se observa a mostra. Capta e amplía a imaxe formada nos obxectivos. Os oculares son intercambiables.

Obxectivo: Lente situada no revólver. Amplía a imaxe da preparación. Levan gravada a súa capacidade de aumento. Os obxectivos utilizados correntemente son de dous tipos: obxectivos secos (utilízanse sen necesidade de colocar substancia ningunha entre eles e a preparación) e obxectivos de inmersión (para observar a través deste obxectivo é necesario colocar unha gota de aceite de cedro entre o obxectivo e a preparación). Para calcular o aumento dun microscopio, multiplícase o aumento do ocular polo do obxectivo.

Condensador: Conxunto de lentes coas que é posible concentrar o foco de luz sobre a preparación. Permite regular a intensidade luminosa. Nel pode haber un filtro para obter luz de distinta cor.

Diafragma: Ábrese ou péchase para regular a cantidade de luz que chega á preparación.

Foco: Dirixe os raios luminosos cara ao condensador.

Tubo óptico: Peza oca que ten nos extremos o obxectivo e o ocular.

Brazo: É unha peza metálica de forma curvada que pode xirar; sostén polo seu extremo superior ao tubo óptico e no inferior leva varias pezas importantes.

Revólver: Peza xiratoria onde se dispoñen os diferentes obxectivos.

Parafusos macrométrico: O seu movemento permite afastar ou achegar o obxectivo da preparación e realizar un enfoque aproximado.

Parafuso micrométrico: Con leves movementos permite dar nitidez á imaxe e facer un enfoque fino.

Pinzas de suxeición: Parte mecánica que serve para suxeitar a preparación. Encóntranse na platina.

Platina: Lugar onde se apoia e suxeita a mostra que se vai observar. Posúe un orificio central por onde pasa a luz e dúas pinzas que serven para reter o portaobxectos sobre a platina. Un sistema de cremalleira, o carro móbil, guiado por dous parafusos de desprazamento, permite mover a preparación de adiante cara atrás ou de esquerda a dereita e viceversa.

Base ou pé: Soporte sobre o que descansan os elementos ópticos.

Entradas relacionadas: