Patrimonio, contabilidade e normas de contabilidade: unha visión xeral

Clasificado en Derecho

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,4 KB

Patrimonio

Conxunto de bens, dereitos e obrigacións que ten a empresa nun momento determinado, e que constitúe os medios económicos e financeiros para cumprir os seus obxectivos.

Valor do activo

O valor dos activos da empresa debe ser igual ao valor dos seus pasivos máis os fondos propios, polo que o valor total do activo (A) debe ser sempre igual á suma dos valores do pasivo (P) e do neto patrimonial: A = P+PN. Esta expresión é a ecuación fundamental do patrimonio, e dedúcese que A – P = PN.

Masas patrimoniais

Conxunto de elementos patrimoniais ligados entre si por algunha característica común. As máis importantes son o activo non corrente, o activo corrente, o neto, o exigible a curto prazo e o exigible a longo prazo.

Contabilidade

Conxunto de métodos e técnicas para anotar ou rexistrar os distintos feitos económicos que afectan ao patrimonio da empresa, co obxecto de coñecer en todo momento a súa situación económica e financeira.

Cuenta

Estado representativo da evolución e situación dos elementos patrimoniais e dos gastos e ingresos da empresa. A conta divídese en dúas partes, “debe” e “haber”. A diferenza entre os totais do debe e o haber é o saldo da conta.

Libros contables

O Código de Comercio sinala que os empresarios están obrigados a levar unha contabilidade ordenada, adecuada á actividade da empresa, que permita un seguimento cronolóxico de todas as súas operacións, así como a elaboración periódica de balances e inventarios.

El libro diario

En este libro vanse anotando as distintas operacións á medida que se producen, é un libro que recolle a historia económica da empresa de forma cronolóxica.

El libro maior

En el rexístranse as contas de todos os elementos patrimoniais. Cada folla aberta representa unha conta distinta: a páxina da esquerda é o debe e a da dereita é o haber.

Balance de situación

Documento contable que reflicte o patrimonio dunha empresa, debidamente valorado, nun determinado momento.

Cuenta de pérdidas e ganancias

Reflicte o orixe dos resultados obtidos polas empresas, os distintos ingresos e gastos producidos ao longo dun período de tempo.

Plan General de Contabilidades

Marco ao que deben acollerse as empresas co obxectivo de normalizar a información contable.

Estructura do Plan General de Contabilidade

Inclúe as normas xerais que deben terse en conta á hora de realizar as anotacións contables.

Cuentas anuales

Contén instrucións para a redacción das contas anuais.

Cuadro de cuenta

Lista con os nomes de todos os posibles elementos patrimoniais.

Las cuentas anuales

Al final de cada exercicio económico, a empresa debe elaborar as súas contas anuais.

Características da información Relevante

Debe conter información significativa para os usuarios.

Fiable: A información é fiable cando as contas anuais están libres de erros e cando dita información é neutral.

Comparable: Deben ser comparables co obxecto de determinar a situación e rendibilidade da empresa con relación a períodos anteriores ou empresas de similares características.

Comprensiva e clara: Debe ser o máis clara posible co obxecto de facer máis efectiva a toma de decisións dentro das empresas.

Entradas relacionadas: