Patrimonio neto e contabilidade: elementos e características

Clasificado en Inglés

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,53 KB

El valor neto do patrimonio dunha empresa, o patrimonio neto, atópase sumando o valor dos seus bens e dereitos e restando á cantidade obtida o valor das súas obrigas (débedas).


Elementos ou componentes patrimoniais son os distintos bens, dereitos e obrigas que forman o patrimonio. Podemos agrupalos segundo a súa natureza ou a función que cumpren na empresa. Estas agrupacións denomínanse “masas patrimoniais” ou conxunto de elementos ligados entre si por algunha característica común. Xa vimos unha primeira agrupación en tres grandes apartados ou masas patrimoniais: activo, pasivo e patrimonio neto.


Contabilidade: conxunto de métodos e técnicas para anotar ou rexistrar os distintos feitos económicos que afectan ao patrimonio da empresa con obxecto de coñecer en todo momento a súa situación económica e financeira. É un sistema normalizado de rexistro, de cara a que todas as empresas leven as súas contas da mesma forma e a información poida ser comparable.


Cuenta: estado representativo da evolución e situación dos elementos patrimoniais e dos gastos e ingresos da empresa. 


1. Libro diario

Recolle todas as operacións contables da empresa ordenadas cronoloxicamente. Cada operación rexístrase nun asento contable que afecta polo menos a dúas contas (principio de partida dobre).

 2. Libro maior: en el rexístranse todas as contas de todos os elementos patrimoniais. Cada folla do libro recolle unha conta distinta representando á esquerda o debe e á dereita o haber.


Cuenta de resultados ou de perdas e ganancias

É o estado contable que reflicte a síntese dos distintos ingresos e gastos producidos ao longo dun período, clasificados segundo a súa natureza e cuxa diferenza expresa o beneficio ou a perda da empresa. A conta de perdas e ganancias infórmanos da orixe e composición dos resultados obtidos pola empresa.


As contas anuais

Ao final de cada exercicio económico a empresa debe elaborar as súas contas anuais:

  • Balance de situación: debe reflectir con claridade e exactitude a situación económico-financeira da empresa e os beneficios ou perdas obtidos
  • Cuenta de resultados: documento que recolle os componentes do resultado do exercicio
  • Estado de cambios no patrimonio neto: recolle as variacións producidas na composición do patrimonio neto.
  • Memoria: amplía a información recollida nos documentos anteriores e contén explicacións complementarias e información detallada de feitos e circunstancias significativas que axudan a entender as informacións do resto de contas anuais. 


Características da información

Para ofrecer a imaxe fiel e de transparencia da empresa, a información que suministran as CCAA debe ser:

  • Relevante: debe ser información realmente significativa.
  • Fiable: sen erros nin sesgos (neutral) nin omisións.
  • Comparable: segue os mesmos criterios que exercicios anteriores.
  • Comprensible e clara 


1. Estrutura económica

En o activo recóllese o que a empresa posúe, é dicir, móstranos a relación de elementos patrimoniais que a empresa foi adquirindo para poder funcionar


2. Estrutura financeira

En o neto e o pasivo recóllense as distintas fontes de financiación que utiliza a empresa. É dicir, en eles infórmanos sobre cal é a orixe dos fondos utilizados. 

Entradas relacionadas: