Patróns motivacionais e intelixencias
Clasificado en Química
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,25 KB
Patróns motivacionais
Metas de aprendizaxe e metas de execución
Hai dous patróns motivacionais que difiren no tipo de metas ás que se dirixe a conduta de logro:
- Patrón adaptativo: Perseguen metas de aprendizaxe; tratan de incrementar a súa competencia adquirindo e dominando novas habilidades e coñecementos. O seu obxectivo é mellorar, aprender sen importar os erros porque destes pódese aprender.
- Patrón desadaptativo: Metas de execución; procuran obter xuízos positivos sobre a súa competencia e evitar os xuízos negativos, é dicir, preocúpanse pola forma en que os xulgan.
Estilos atribucionais e motivación
- Estilo atribucional adaptativo: A motivación cara á tarefa increméntase cando o suxeito atribúe o éxito a factores internos xa que suscita as máis altas expectativas e os sentimentos máis positivos cara a un mesmo. Tamén cando o fracaso se atribúe á falta de esforzo increméntase a motivación.
- Estilo atribucional desadaptativo: Atribúe os seus resultados de éxito a factores externos e incontrolables, e o fracaso a si mesmo/a, pola falta de capacidade.
As oito intelixencias
- Intelixencia lingüística: Habilidade para empregar a linguaxe verbal, a nivel oral e escrito, en termos de comprensión e expresión e en diferentes tipos de contextos e situacións de maneira efectiva.
- Intelixencia cinético-corporal ou corporal cinestésica: É a capacidade para utilizar todo o corpo ou partes del para expresar e representar ideas e sentimentos e para manipular, transformar e crear obxectos e materiais.
- Intelixencia lóxico-matemática: É a habilidade para utilizar os números e operacións con eficacia, para formular hipóteses, establecer relacións causa-efecto, resolver problemas manipulando números e operacións e para desenvolver esquemas e razoamentos lóxicos.
- Intelixencia musical: Constitúe a capacidade de recoñecer, discriminar, compoñer ou interpretar distintos tipos de ritmos, melodías e estruturas musicais de maneira vocal ou instrumental.
- Intelixencia espacial: Capacidade de pensar en imaxes con facilidade para representar gráfica e mentalmente as ideas; é a habilidade para recoñecer, interpretar, crear información gráfica e visual e para orientarse e organizar o espazo.
- Intelixencia interpersonal: Capacidade de percibir e distinguir os estados de ánimo, as intencións, as motivacións e os sentimentos doutras persoas para interactuar eficazmente con elas, asumindo diferentes roles dentro do grupo, por iso teñen moita facilidade para entender e interactuar coas demais persoas.
- Intelixencia intrapersoal: Capacidade para reflexionar, entender e comunicar toda a información relacionada con un/unha mesmo/a.
- Intelixencia naturalista: É a capacidade para recoñecer, discriminar, interpretar e comunicar información relativa á natureza e ao ser humano e tamén para seleccionar, clasificar e utilizar de forma adecuada elementos e materiais da natureza, produtos e obxectos.