O pecado e a liberdade humana: a inclinación ao mal e a grandeza da liberdade
Clasificado en Matemáticas
Escrito el en gallego con un tamaño de 6,6 KB
(Dios creou aos seres humanos libres. Por iso, rexeitar o plan de Dios e inclinarse cara ao mal é unha opción permanente das persoas.) A Biblia recolle os nosos interrogantes:
Os relatos da Biblia sobre a orixe do mundo
Non pretenden dar unha explicación científica de como sucederon as cousas. Os xudeus crentes que os escribiron buscaban explicar a razón profunda pola que as persoas poden causar o mal a sí mesmas, aos demais e á natureza. Os relatos do Xénesis presentan a creación como algo bo. O home e a muller foron creados á imaxe e semellanza de Dios, e Dios lles deu todo para ser felices (Gn 1,26-31). Sen embargo, o desenvolvemento da vida mostra todo o contrario.
O relato do paraíso
O paraíso simboliza o que Dios quere para o ser humano: unha vida xunto a el, e en harmonía cos demais seres humanos e a natureza. Sen embargo, o ser humano rexeita a Dios en moitas ocasións. O motivo radica, sobre todo, no desexo orgulloso de manexar a vida sen contar co amor de Dios. É entón cando o home e a muller se encerran en sí mesmos e rexeitan a Dios. Iso é o pecado. Xesús comunicou o que Dios desexa para a vida humana. El dixo que Dios Pai quere entregar o seu amor e a súa misericordia, e para iso convoca a un gran banquete a toda a humanidade, especialmente aos máis desfavorecidos. Dios está a favor da vida humana, pero fronte a esa vontade de Dios o ser humano opta pola ruptura. A persoa, nun acto de soberbia, rexeita ser a criatura de Dios para poder dirixir o seu propio destino sen el.
Risco e grandeza da nosa liberdade
Este pecado, chamado pecado orixinal, produce unha constante inclinación ao mal, como no caso de Caín. Pero este pecado non destrúe todo o bo que Dios entrega ao ser humano. A envidia, o odio e o desexo de dominio están no interior de cada persoa. Pero os seres humanos foron creados libres, e poden elixir entre o ben e o mal, aínda que o pecado incline ao mal. O ser humano é capaz de construír e de destruír, de crear un mundo mellor, aínda que exista a violencia. É o risco e a grandeza da liberdade do ser humano. A liberdade, ademais dun dereito, é unha gran responsabilidade. O cristiano é moi consciente da inclinación ao mal do ser humano. Por iso, quere a cercanía de Dios na súa vida, e escoita a súa palabra, confía nel e déixase guiar.
O pecado e o mal na vida humana
(O pecado e o mal son realidades da vida humana. Para superar estas situacións, necesítase a axuda de Dios.)
A raíz do pecado
O relato sobre o rei David mostra con claridade cal é a raíz do pecado: o pecado nace cando a persoa se encerra en si mesma e utiliza todas as súas enerxías e habilidades para cumprir os seus desexos en beneficio propio, sen importarlle causar dano a outras persoas. Ao final do relato de David, dicíase que esa conduta desagradou a Dios. Esa conduta leva ao pecado, porque actúa en contra das persoas e do mesmo David. Dios quere o ben para todos, pero para conseguilo hai que deixar de lado os intereses persoais e escoitar o que Dios di e pide. A raíz do pecado está nesa intención de vivir a vida sen contar con Dios e de rexeitar a súa intervención. Dios é sempre o gran defensor da persoa contra os desexos baseados no egoísmo e nas ansias de poder.
Cando o mal nos supera
O problema é que, como explica san Pablo, aínda que a persoa pode identificar cal é o ben, enfróntase con grandes dificultades para levalo a cabo. A tendencia ao mal é forte e supera, ás veces, as propias forzas. Esta situación vivena todas as persoas no seu interior. Ás veces pensamos que a guerra, a violencia e a inxustiza as causan forzas descoñecidas; pero iso non é certo. Na raíz de todo mal sempre hai unha ou varias persoas que o orixinan. A humanidade non se divide en bos e malos. Todas as persoas por igual teñen que loitar na súa vida para facer o ben. E ocorre que hai persoas que logran encamiñar a súa vida maioritariamente cara ao ben aínda que, ás veces, poidan cometer fallos na súa vida, como foi o caso do rei David.
A axuda de Dios
Os crentes senten que a forza do mal lles supera se están sos. Por iso, admiten que necesitan a axuda de outras persoas e, sobre todo, a axuda de Dios para levar unha vida digna dun ser creado á imaxe e semellanza de Dios. Os crentes reciben de Dios amor e misericordia. Sentirse amado e acompañado por Dios é esencial para un crente pois lles fortalece e anima. Ademais, o crente pensa que o que Dios di e pide vai sempre en beneficio dun mesmo e dos demais. Dios ensina o camiño do ben, axuda a recoñecer o pecado de vivir só para satisfacer os propios desexos, e sinala os valores que conducen cara unha vida autenticamente feliz.
Dios envía ao seu Fillo para liberar a todos
Corresponde a cada un acoller ou rexeitar a salvación que Xesús ofrece.
Volver os ollos a Dios
Na parábola do fariseo e o publicano, o primeiro consideraba que el só, coas súas propias forzas, podía facer o ben. O fariseo pensaba que non necesitaba a axuda de ninguén, nin sequera de Dios, co que falaba contándolle o boa que era a súa conduta. Por outro lado, o publicano era consciente da súa debilidade ante a inclinación ao mal e recoñecíase pecador. Así, o publicano consideraba necesaria a axuda de Dios e pedíalle perdón. Porque o amor de Dios é máis grande ca o seu pecado, e recibindo o seu perdón sentíase curado.
Dios envía a Xesucristo
Este amor de Dios que quere curar ás persoas non é teórico senón que se concreta na persoa de Xesucristo. Dios enviou ao seu Fillo Xesús para que as persoas sintan con el a cercanía do amor de Dios, e ademais atopen en el o camiño de salvación ante a inclinación ao pecado. Iso é o que anuncian Pedro e Xoán ao paralítico: non temos ouro nin prata, pero podemos ofrecerche a salvación que trae Xesucristo. E así se o explican ás autoridades relixiosas xudías cando lles preguntan por que curan en nome de Xesucristo. As palabras de Pedro son ben claras: Dios concede a salvación na terra a través de Xesucristo.
Buscar a vontade de Dios
No diálogo de Xesús co fariseo Nicodemo aparece claramente a afirmación de que Dios enviou a Xesucristo para salvar ao mundo, non para condenalo. E o modo para alcanzar esa salvación é buscar sempre a vontade de Dios. O crente cristiano pregúntase: “¿qué quere Dios de min neste momento?”. Cando a persoa crente coñece os seus desexos e as súas ilusións, contrastaos co que Dios di e pide. O cristiano sabe que Dios sempre quere o ben para el e para todas as persoas coas que convive.