A pedagoxía revolucionaria de Makarenko: colectividade, traballo e disciplina
Clasificado en Física
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,77 KB
·Introdución: Antón Semionovich Makarenko (Bielopolie, 1888 – Moscú, 1939) foi un pedagogo de talento, contundente e orixinal, que o podemos situar nas teorías marxistas da educación, que critican a sociedade capitalista e todas as entidades que a favorecen, e a escola, segundo os marxistas, é unha.
O pensamento educativo de Makarenko o podemos integrar dentro da Revolución Bolxevic (1917) que conseguiu unha nova sociedade, que non existía nin en Europa nin en América.
Este fragmento pertence á obra “Mi poema pedagógico” (1933) que narra a súa experiencia na Colonia de Gorki, onde a disciplina xoga un papel fundamental. Foi unha obra criticada por algúns autores que as consideran de disciplina militar.
·Ideas principais: O traballo é a base da educación socialista. A colectividade e o traballo. O papel fundamental da disciplina e da democracia necesaria para unha educación comunista.
·Comentario: Neste fragmento nos fala basicamente dos comandantes, que eran a base do ensinamento da colectividade, onde cada membro ten unhas tarefas polo ben do grupo; polo tanto, o primeiro que se ensina é que por enriba dos intereses persoais están os intereses do grupo. Educase ao grupo non ao individuo, porque o home socialista, omnilateral e comunista solamente ten sentido dentro do colectivo.
Makarenko desenvolve a súa pedagoxía marxista dende o ensaio e a experimentación en base ás teorías educativas de Marx, co principal obxectivo de crear un home novo comunista para unha nova sociedade.
A pedagoxía de Makarenko baséase en dous principios básicos: a colectividade e o traballo. Trátase dunha pedagoxía anti-naturalista, polo tanto, anti-roussoniana.
Para Makarenko a colectividade impónse á individualidade. O educador é o que crea e organiza a colectividade, pero realmente é esta colectividade a que educa aos individuos. O educador interrelaciónase directamente cos alumnos, pero tamén se relaciona co medio social no que se desenvolve.
Cualquer influencia na personalidade ten que influír tamén sobre a colectividade, e viceversa, cada contacto co colectivo ten que un momento educativo para o individuo. Así créase un colectivo forte, cohesionado, organizado e cunha disciplina asumida para todos os membros. Polo tanto, podemos dicir que a pedagoxía de Makarenko é tamén unha pedagoxía de traballo e de esforzo, da forza de vontade dos alumnos. Un traballo que é real, produtivo e con sentido social.
Nas colonias ou comunas creadas por Makarenko (Gorki) educa aos nenos fomentando a colectividade e incluíndo o traballo dentro do mesmo proceso educativo. Combinan as horas de estudo coas horas de traballo produtivo. O traballo en grupo que se leva a cabo é a responsabilidade, a honradez, a capacidade de autocrítica e a disciplina.
Existía un consello de “xefes” para arranxar os problemas do día a día; e máis adiante créanse os destacamentos mixtos onde os seus membros, os responsables e os traballos van variando, sendo un reflexo da idea comunista de democracia e traballo colectivo onde non hai un lugar para o individualismo. Consideraba que o carácter se formaba mediante a participación da vida colectiva cien organizada, disciplinada, forxada e orgullosa. A súa pedagoxía baséase tamén no esforzo, a forza de vontade e a máxima esixencia ao alumno (non permitía ningún defecto) para conseguir o seu ideal de home.
Unha disciplina, entendida para Makarenko, non como método, senón como resultado final de todo un proceso.
·Conclusión e reflexión: Desde o meu punto de vista, Makarenko foi un revolucionario, valente e un tanto extremista, que hoxe en día podería ser criticado de “maltratador” polas súas formas de educar. A súa teoría foi levada á práctica por el mesmo, e aínda que algúns autores o criticaron de militarista, el non tiña en conta as opinións da xente e demostrou que o seu método era eficaz.
A pedagoxía de Makarenko foi moi acertada pola súa finalidade “crear unha nova sociedade colectiva para a floreciente Unión Soviética”. A través do traballo e a educación conseguiu que os alumnos que viñan de familias desestruturadas se sentisen parte da colectividade e que traballasen en e para o grupo, creando futuros homes ideais.
A crítica de militarista pódese entender perfectamente, se temos en conta que na comunidade se utilizaban prácticas militares. Os nenos na escola cambian de clase co toque do timbre, os traballadores dunha fábrica acaban a xornada co toque de sirena, entre outros exemplos.
Creo que a disciplina se non é estrita nos seus inicios non é aceptada, e sobre todo no caso Makarenko que traballou con nenos e mozos orfos e conflictivos.