Pensamento Político e Orixes do Nacionalismo: Unha Análise
Clasificado en Filosofía y ética
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,78 KB
Pensadores Clave do Liberalismo Político
John Locke: O Pai do Liberalismo
John Locke (século XVII) é considerado por moitos o pai do liberalismo político. Foi un importante líder de facción parlamentaria e propuxo a división de poderes. Parte da premisa de que todos os homes son iguais e nacemos cuns mesmos dereitos naturais. O Goberno nace dun pacto social, polo cal decidimos vivir xuntos para establecer unhas normas que defenden eses dereitos naturais.
Montesquieu: A División Tripartita de Poderes
Montesquieu quixo levar o modelo inglés a Francia, difundíndoo e perfeccionándoo. El é o pai da división tripartita de poderes: Lexislativa (Parlamento), Executiva (Goberno) e Xudicial (xuíces). Todo isto co obxectivo de limitar o abuso de poder. Propuxo un Parlamento con dúas cámaras, unha para a nobreza e outra para os burgueses.
Rousseau: A Igualdade e a Vontade Xeral
O centro do pensamento de Rousseau é a igualdade. O seu libro máis importante é O Contrato Social (1762), onde propón novas formas de educación. Afirma que os homes nacemos bos, pero a envexa fainos malos, e que coa aparición da agricultura comezaron os problemas. A Vontade Xeral, segundo Rousseau, establece que o pobo é a base da soberanía, polo tanto, todos os cidadáns deben ter os mesmos dereitos. A Vontade Xeral é decidida na Asemblea e defende a democracia directa.
As Orixes do Nacionalismo
Fontes e Influencias do Nacionalismo
Ideas como a liberdade, a soberanía e a independencia son conceptos fillos da Revolución Francesa. Os pobos teñen dereito a decidir o seu futuro. Destaca o Romanticismo, que defende que aqueles pobos que comparten unha mesma lingua e un pasado común forman unha nación. Varios factores apoian o nacionalismo, como a burguesía. Os movementos nacionalistas son de carácter liberal.
Conceptos de Nación: Variantes Francesa e Alemá
Existen dúas correntes principais no concepto de nación:
- A variante francesa ou liberal-voluntarista.
- A variante alemá ou romántica-orgánica.
Variante Francesa: Liberal-Voluntarista
Filla da Revolución Francesa, esta variante liberal-voluntarista defende que a nación está formada polos cidadáns, onde todos son iguais ante a lei, teñen o mesmo goberno e a mesma Constitución. O pobo é soberano, e este concepto define a política.
Variante Alemá: Romántica-Orgánica
Xorde do Romanticismo, a finais do século XVIII e comezos do século XIX. Para este pensamento, o importante é o Volksgeist (o espírito do pobo), un sentimento de pertencer a unha comunidade, con costumes e tradicións propias. A nación está por riba de calquera outra cousa.