Percepción Humana: Umbral, Teorías y Leyes de la Gestalt
Clasificado en Medicina y Ciencias de la salud
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,07 KB
Umbral absoluto:
É a cantidade mínima de estímulo que necesitamos para detectar algo (umbral inferior) e tamén a cantidade máxima de estímulo que podemos recibir, é dicir, o límite superior por enriba do cal non sentimos máis (umbral superior).
Umbral diferencial:
É a diferenza de intensidade do estímulo necesaria para notar un incremento ou unha diminución ante un estímulo previo. Canto máis pequeno é o cambio que podemos detectar, maior é a nosa sensibilidade.
Teorías no proceso de percepción
No análise da percepción humana podemos resaltar tres perspectivas psicolóxicas: asociacionista, escola da forma (gestalt) e cognitiva.
Asociacionista (Wundt):
Considera que a percepción é un “mosaico de sensacións”. Sen embargo, a percepción é un todo máis complexo que a suma dos seus compoñentes. Percibir é dotar de sentido a un acontecemento.
Escola da forma, Gestalt (Wertheimer):
Defenden a natureza holística do proceso perceptivo, resumido na frase: “o todo é maior que a suma das partes”.
Cognitiva (Neisser):
Considera que cada individuo aprende a percibir e utiliza esquemas cognitivos (conxunto de coñecementos almacenados na súa memoria) para interpretar a realidade.
A sensación é detectar algo sen saber qué é, mentres que a percepción é recoñecer un obxecto específico.
Principais leis da Gestalt
A.- LEY DE FIGURA Y FONDO: organizamos as sensacións de maneira que se perciba un obxecto ou figura que destaca sobre un fondo.
Leyes de organización perceptiva:
- LEY DE PROXIMIDAD: agrupamos en unidades os estímulos cercanos.
- LEY DE SEMELLANZA: agrupamos os estímulos similares en tamaño, forma ou cor.
- LEY DE CONTINUIDAD: percibimos como unha unidade os estímulos que teñen unha continuidade, aínda que estean claramente separados.
- LEY DE CONTRASTE: percibimos un elemento polo seu contraste co conxunto.
- LEY DE CIERRE: percibimos os obxectos como unha unidade completa, aínda que poidan faltar algunhas partes ou estar ocultas.
O fenómeno da constancia perceptiva: trata dun fenómeno que pon de manifesto que a percepción é un proceso de adaptación ao entorno.
Factores que intervén na percepción
As percepcións humanas caracterízanse por ter un deseño determinado, unha forma estable e constante, unhas cualidades sensoriais, carácter de corporeidade e manifestación no espazo obxectivo.
Varios factores inflúen na nosa percepción:
Factores externos:
- Intensidade: Cualquer modificación estimular soe chamar a nosa atención.
- Repetición: Ten gran importancia na propaganda comercial.
- Tamaño: Os obxectos grandes, atraerán a nosa atención con maior probabilidade que os de menor tamaño.
- Novidade: A percepción de obxectos non habituais fíxase con maior facilidade.