A pintura do século XVII en Flandes e Holanda: Rubens e Rembrandt
Clasificado en Física
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,61 KB
El Barroco de las cortes católicas: Rubens.
La pintura de Rubens (1577-1640) é a que mellor se acomoda ao concepto tradicional do barroco. Traballa para as monarquías e para as aristocracias europeas e tamén para a Igrexa Católica. Os temas mitolóxicos van destinados aos palacios e no retrato cortesán mostrase como o gran mestre do solemne e aparatoso.
Na pintura de Rubens aparece a influencia dos grandes mestres italianos, especialmente dos venecianos co seu colorido vibrante, e da tradición realista flamenca. A súa orixinalidade confírelle o que son os seus rasgos esenciais: a exuberancia, a vitalidade e o dinamismo. Nas súas composicións baséase na diagonal. Os seus personaxes agrúpanse en ritmos turbulentos, en composicións arracimadas. É un arte dirixido ao intelecto, con elaborados programas iconográficos, e aos sentidos pola riqueza cromática, a luz vibrante e o gusto polo exuberante. A súa factura é cada vez máis solta e libre que desfai as formas. Entre as súas obras atopamos temas relixiosos.
La escola holandesa da pintura. Rembrandt
Durante o século XVII Holanda desenvolve unha pintura plenamente singular e á marxe das grandes correntes do arte europeo.
A pintura holandesa opta polo realismo, pola captación minuciosa e precisa do entorno. Surge así o pintor especializado en determinados xéneros, destinados a adornar as casas particulares: os paisaxes, as marinas, as perspectivas urbanas, a pintura de xénero, o bodegón, o retrato colectivo. Nesta escola, destaca Rembrandt. A súa obra é a de maior personalidade da escola holandesa e en certo sentido constitúe unha experiencia illada. Preocúpase pola luz, polo tenebrismo matizado e pola captación do mundo da realidade. A súa pincelada, ao principio minuciosa, vai facéndose cada vez máis libre e enérxica, con formas desfeitas. O seu colorido, vibrante na súa etapa xuvenil, ensombrécese coas sucesivas desgrazas persoais. O seu trazo máis sobranceiro é a preocupación por captar a interioridade do ser humano, saltando por enriba da simple aparencia externa; por iso da súa obra parece emanar un sentimento e un ambiente misterioso.
Síndico de los pañeros.- (1639)
Pertence á terceira etapa do pintor. 1661. Ofrece seis retratos en actitudes tan naturais que parece non haber realizado esforzo algún para imaxinar as súas actitudes. Vestidos de negro, os seis síndicos, o gran tapete vermello pon a nota de riqueza no conxunto, mentres os grandes sombreiros negros concentran a atención sobre a luz dos rostros realzados polos grandes pescozos altos.