Planificación e desenvolvemento do plan de formación en empresas
Clasificado en Informática
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,01 KB
Diseño y creación del plan de formación:
El diseño y creación de un plan de formación require o desenvolvemento dun conxunto de tarefas que se enumeran do seguinte modo:
- Fijar os obxectivos que se queren lograr con o plan. Estes deben quedar claramente definidos e ser coherentes cos obxectivos estratéxicos da empresa.
- Analizar as necesidades de formación que teñen os traballadores e establecer unha prioridade das mesmas, elixindo o contido da formación, pois non sempre se poderá atender a todas as necesidades formativas que nunha empresa poidan existir.
- Concretar os traballadores que van ser afectados polo plan de formación.
- Determinar as persoas ou empresas que se van encargar de realizar a formación, decidindo se a formación se vai desenvolver dentro ou fóra da empresa.
- Decidir, como, onde e con que recursos se vai desenvolver a formación. (Este apartado é de gran importancia).
- Temporalizar as ensinanzas, é dicir, establecer un calendario no que se precisan as datas nas que os traballadores van participar na formación.
- O plan formativo elaborado debe ser comunicado á dirección da empresa ou ao departamento correspondente para que sexa aprobado.
- O comité de empresa ten dereito a emitir un informe sobre o plan de formación profesional na empresa con carácter previo á execución do mesmo por parte do empresario.
- Implantación do plan, a implantación supón o desenvolvemento do plan de formación ao longo do tempo que se decidiu e para os traballadores designados.
- Evaluación do plan, Sería a última fase do plan de formación e por tanto, a que proporciona información sobre os seus resultados, tamén aporta datos sobre as necesidades de formación nos próximos anos.
El plan de formación:
El plan de formación está formado tanto polo conxunto de actividades ordenadas, é dicir, que se van poñer en marcha para lograr que a empresa cubra as súas necesidades de formación, como polos recursos que son necesarios para levar a cabo estas accións formativas.
El plan de formación dunha empresa require o desenvolvemento das seguintes actividades:
- Diseño e elaboración do presuposto.
- Desenvolvemento e execución.
- Evaluación.
Métodos relacionados coa planificación e desenvolvemento:
- Estudo dos postos de traballo: Consiste en analizar todas as tarefas que hai que desenvolver nun posto concreto e ver que necesita aprender de novo a persoa que ocupa ou que vai ocupar.
- Análise de fallos: Este método analiza os defectos que se produciron na actividade desenvolvida nun posto de traballo e a súa relación coa falta de formación da persoa que o ocupa.
En esta etapa de detección das necesidades formativas é de vital importancia a tarefa que realizan os mandos medios nas empresas. Son eles quen aprecian primeiro as necesidades de formación dos membros do seu equipo e quen poden impulsar e apoiar a súa formación.