Plásticos, Papel e Nanotecnoloxía: Materiais e Impacto

Clasificado en Tecnología

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,82 KB

Plásticos

Os plásticos teñen unha enorme variedade de aplicacións, pero todos teñen unha cousa en común: a súa plasticidade, que é unha propiedade dos materiais que permite que se lles dea facilmente a forma que máis conveña. Os plásticos están formados por polímeros.

Clasificación dos polímeros

  • Polietilentereftalato (PET): Custo reducido, pode procesarse por soprado, etc. Excelentes propiedades mecánicas e actúa como barreira fronte aos gases. Utilízase en botellas de refrescos.
  • Polietileno de alta densidade (PEAD): Resistente á compresión, torsión e tracción. Resiste ás baixas temperaturas e é moi lixeiro. Utilízase para botellas de leite, deterxente.
  • Policloruro de vinilo (PVC): Moi resistente e lixeiro, moi versátil, inerte. Pódese reciclar. Utilízase para tubos, ventás.
  • Polietileno de baixa densidade (PEBD): Baixo custo, flexible, non é tóxico, impermeable, fácil de procesar. Utilízase para bandexas, bolsas de lixo.
  • Polipropileno (PP): Lixeiro, resistente, transparente. Utilízase para carpetas, bixutería.
  • Polistireno (PS): Baixo custo, bo illante, opaco ou transparente, moi baixa densidade.

O Papel

O papel provén de fibras naturais das árbores.

Problemas asociados á fabricación de papel

  • Deforestación: Provocada pola corta de árbores.
  • Enorme cantidade de auga: Que se precisa para a fase de separación da celulosa da lignina.
  • Contaminación de ríos: Debido ao uso de compostos de xofre, etc.
  • A enerxía: Empregada para mover as máquinas, quentar a auga, etc.

Solucións para os problemas

  • Deforestación: Utilización de materias primas diferentes ás árbores, como o cánabo, etc.
  • Consumo de auga: Pódense usar ciclos pechados de auga con depuradoras.
  • Consumo de enerxía: Empregando menos enerxía se se recicla o papel.

Nanociencia e Nanotecnoloxía

Nanociencia: É o estudo de todos os aspectos científicos a tamaño nanométrico.

Fulereno: É unha molécula formada por 60 átomos de carbono.

Nanotecnoloxía: É unha ciencia aplicada que se dirixe ao deseño, á fabricación e á aplicación de materiais e aparellos a escala nanométrica.

Aplicacións

Aplicacións eléctricas

Batería flexible de nanotubos de carbono e LED.

Aplicación na electrónica

Nanochips.

Outras aplicacións

Aplicacións en medicina e farmacia, na industria téxtil e na arquitectura e urbanismo.

Entradas relacionadas: