A Poesía de Celso Emilio Ferreiro: Rexistros e Obras Clave
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,71 KB
A Poesía de Celso Emilio Ferreiro
Como consecuencia da Guerra Civil desaparece case por completo a promoción literaria da fala. El, vinculado á fundación Emilio Soto e á UPG, no 1966 emigra a Venezuela.
Rexistros da súa obra poética
A súa obra poética ten tres grandes rexistros:
Poesía Intimista
Ten como temas fundamentais: recordos da infancia, o paso do tempo, a saudade e o amor. Destacan obras como O Soño Sulagado e Onde o Mundo se Chama Celanova.
Poesía Sarcástica
Vinculada á poesía social-realista. Son sobre todo ataques persoais contra persoas e asociacións. Destacan Cantigas de Escarnio e Maldicer e O Paco Pixiñas.
Poesía Social
Entronca coa poesía de Cabanillas, social, etc. Iníciase a partir da publicación de Longa Noite de Pedra, tomado como un símbolo antifranquista, e a partir de aí moitos autores comezan a escribir sobre isto.
Obras destacadas
O Soño Sulagado
Vai ter un ton confesional, reflexiona sobre o sentido e a existencia da vida, o paso do tempo e recorda a felicidade da infancia perdida.
Longa Noite de Pedra
Vai ser un punto de inflexión na poesía galega. Inicia unha poesía social que vai influír e perdurar ata os anos 80.
Características de Longa Noite de Pedra
- A importancia da mensaxe: o poema quere ser unha expresión do sentir e de solidaridade cos que sofren inxustizas.
- Sinxeleza expresiva: é unha poesía que, como quere chegar incluso á xente sen cultura e é case prosaica, ten unha linguaxe moi pouco poética.
- Renovación expresiva: vai introducir distintos rexistros dentro da poesía: léxico administrativo, do mundo rural, da ciencia do momento.
- Uso do humor, a ironía e o sarcasmo: para mostrar a súa repulsa contra a hipocrisía da sociedade e ridiculizar personalidades e institucións da época.
Viaxe ao País dos Ananos
Poema que fala da decepción que el sofre cando marcha a Venezuela para coordinar actividades culturais na Irmandade Galega.
Cemiterio Privado
Colle figuras como o cacique e satirízaas.
Antipoemas
Con anuncios publicitarios. Mostra o poder da deshumanización do diñeiro.
Cantigas de Escarnio e Maldicer
(Xa mencionada na poesía sarcástica).
Onde o Mundo se Chama Celanova
Ten unha visión máis repousada da vida, é como unha volta a O Soño Sulagado. Volta á infancia, ao amor, recordo dos amigos...