A poesía entre 1936 e 1976 a Xeración do 36, a Promoción de Enlace, a Xeración das Festas Minervais

Clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,39 KB

TEMA 5. POESÍA ENTRE 1936 E 1976. XERACIÓN DO 36, A PROMOCIÓN DE ENLACE, A XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS
A interrupción da actividade do galego debida a Guerra Civil, desde 1935 e 1946, non aparece ningún libro. O primeiro que aparece foi Cómaros verdes de Aquilino Iglesia Alvariño (1947). Os medios oficiais sementaban en Galicia temores e terrores, co cal resulta moi difícil, expresarse en galego.
Galaxia move o labor de recuperación da lingua. Nacen coleccións de poesía: Salnés (Vigo) Benito Soto (Pontevedra) Alba (Coruña) Xistral (Lugo).
No 1962, publicase Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro introducíndose na tradición da poesía cívica. Será Méndez Ferrín sinala unha ruptura co Realismo critico de Celso Emilio Ferreiro, o cal anuncia un anuncie un novo vieiro na poesía galega Con pólvora e magnolias.
Segundo Méndez Ferrín, son 3 xeracións as que refan a literatura de posguerra:
·Xeración do 36,(1910-1920) atópanse: Iglesia Alvariño, Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Mª Álvarez Blázquez entre outros.
A desorientación marca os primeiros tempos, faltan dunha tradición, que se deixa de notar no entrecruzamento de distintas correntes: hilozoísmo, clasicismo, neotrobadorismo, vitalismo existencial, intimismo...
·Promoción de enlace,(1920-1930) salientan: Pozo Garza, Ramón González Alegre, Antón Tovar, Tomás Barros, Manuel Cuña Novás.
A desorientación é patente e máis aguda. Teñen unha formación precaria e a riqueza creativa de Europa é interceptada pola censura franquista.
Comezan publicando en castelán. Acusan as pegadas dos poetas surrealistas da xeración do 27 e das vangardas da literatura galega. Colaboran en revistas poéticas (Alba, Aturuxo, Cristal...) e a súa poesía caracterizase pola temática existencial e angustiada, sen faltar o compromiso social.
Luís Pimentel, é un exemplo de poeta refuxiado na poesía.
·Xeración das Festas Minervais, (1930-1940) autores como: Manuel María, Bernardino Graña, Xohana Torres, Méndez Ferrín. Teñen estudos universitarios e participaron en asomos do réxime político. Danse a coñecer nas Festas Minervais, certames de tradición que daban premios de poesía en galego. Colaboraron en La Noche. Tiveron acceso privilexiado a cultura galega. Impulsan unha renovación da poesía galega, valéndose da combinación de varios ingredientes: trazos vangardistas, influencias europeas e norteamericanas, diálogo coa propia tradición galega...
Temas de formas renóvanse dando lugar a Escola de Tebra, donde domina unha filosofía existencialista e unha visión pesimista e angustiada da vida.
O compromiso destes autores dá orixe a liñas poéticas que conviven co socialrealismo consagrado por Celso Emilio Ferreiro (Longa noite de pedra): o canto telúrico de Uxío Novoneira (Os Eidos), o Realismo coloquial de Manuel María (Documentos persoaes), a afirmación rupturista e rebelde de Bernardino Graña (Poema dun home que quixo vivir), a poesía beat, revolucionaria e antiimperialista de Méndez Ferrín ( Antoloxía popular de Heriberto Bens)...
Podemos falar dunha promoción poética de conxunto non só de xeito metodolóxico, senón considerando a súa importante contribución á cultura galega, baixo o franquismo.

Entradas relacionadas: