Poesía galega (1936–1976): Xeración do 36 e posguerra

Enviado por alex y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,02 KB

A poesía entre 1936 e 1976: A xeración do 36 e a promoción de enlace á xeración das festas mineiras

Nesta etapa, ao principio predominan os estilos poéticos do período anterior, pero a finais dos anos 40 iníciase unha preocupación existencial que marcará a poesía dos anos 50 da chamada Escola de Tebra.

Xeración do 36

Luis Pimentel (1895–1958)

  • Tristos (1950)
  • Sombra do aire na herba
  • Barco sen luces

Luis Pimentel naceu e morreu en Lugo. A súa poesía semella prosa poética debido á linguaxe coloquial e á liberdade métrica.

Aquilino Iglesias Alvariño (1909–1961)

  • Sarda
  • Corazón ao vento (obras con influencia modernista e imaxinista)
  • Comandos verdes (mestura de hilozoismo e clasicismo formal)
  • De día a día
  • Lanza de soidade
  • Leva o seu cantar

Aquilino Iglesias Alvariño naceu en Abadín e foi docente en Santiago, onde morreu. Antes da guerra publicou Sarda e Corazón ao vento. Na posguerra publicou Comandos verdes —unha mestura de hilozoismo e clasicismo formal— e outras obras como De día a día, Lanza de soidade e Leva o seu cantar.

Xosé María Díaz Castro (1914–1990)

  • Nacida dun sono
  • Nimbos

Xosé María Díaz Castro naceu en Buriz e morreu en Madrid. Publicou Nacida dun sono e Nimbos, onde afloran problemas como a miseria e a emigración. A súa obra caracterízase pola presenza dun paisaxismo humanizado e tinguido de relixiosidade.

Outros poetas destacados

Álvaro Cunqueiro (1911–1981)

  • Mar ao norde
  • Poemas do si e non
  • Cantiga nova que se chama Ribeira
  • Dona de corpo delgado (neotrobadoresca)
  • Herba de aquí ou acolá (íntima)

Álvaro Cunqueiro naceu en Mondoñedo e morreu en Vigo. Antes da guerra publicou libros vangardistas como Mar ao norde, Poemas do si e non e Cantiga nova que se chama Ribeira. Na posguerra publicou obras como Dona de corpo delgado (neotrobadoresca) e Herba de aquí ou acolá (íntima). Segue dúas tendencias básicas: o realismo lírico e a fantasía intelectual de corte vanguardista e mitolóxico.

Ricardo Carballo Calero (1910–1990)

  • Pretérito imperfecto
  • Futuro condicional
  • Cantigas de amigo e outros poemas

As obras poéticas de Ricardo Carballo Calero caracterízanse polo clasicismo, a densidade de contido e o intelectualismo.

Antón Tovar (1921–)

  • Arredores
  • Non
  • O vento no teu colo
  • Calados esconxuros
  • Berros en voz baixa
  • A nada destemida

Antón Tovar publicou títulos como Arredores, Non, O vento no teu colo, Calados esconxuros, Berros en voz baixa e A nada destemida. A súa poesía expresa a tristeza dun eu queixoso pola soidade e o silencio de Deus.

Pura Vázquez

  • Íntimas
  • A cidade dos mansos me dobrega
  • Orballa en tempo lento

Pura Vázquez mantense fiel a un mundo paisaxístico, nostálxico e amoroso.

Luz Pozo Garza

  • O paxaro na boca
  • Verbas derradeiras
  • Concerto de outono
  • Códice Calixtino
  • Prometeo a flor de loto

Luz Pozo Garza publicou obras como O paxaro na boca, Verbas derradeiras, Concerto de outono, Códice Calixtino e Prometeo a flor de loto. A súa poesía mostra a influencia do surrealismo e do vitalismo.

Entradas relacionadas: