A Poesía Galega na Posguerra: Recuperación e Renovación

Enviado por Mathy y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,75 KB

A Poesía Galega na Posguerra

Como consecuencia da Guerra Civil, desaparece a produción literaria en galego durante máis dunha década. A actividade cultural só é posible no exilio, facendo poesía crítica e de compromiso. En Galicia comeza a recuperarse en 1947, coa saída de Cómaros verdes (Álvaro Cunqueiro). En 1949 sae a Colección Benito Soto (Ferreiro) e no ano seguinte nace a Editorial Galaxia.

Orientacións da Poesía de Posguerra

Ao principio hai tendencias de preguerra: hilozoísmo, neotrobadorismo, paisaxismo ruralista, e irán aparecendo novas formas (tratadas na nosa literatura): intimismo (seguindo a Rosalía), clasicismo... A forma máis característica será a Escola da Tebra (poesía intimista con enfoque pesimista mesturando o existencialismo e surrealismo).

A finais dos 50 xorde o realismo coloquial (foxe da linguaxe tradicional e explora a linguaxe da rúa creando a linguaxe socialrealista), sendo a liña dominante ata os anos 70.

Créanse tres xeracións diferentes:

Xeración dos 36 (Xd36)

Poetas nados entre 1910 e 1920. Educados nun ambiente de nacionalismo de preguerra. Poetas con culturas e estilos moi diferentes. Autores máis destacados:

  • Álvaro Cunqueiro (é máis representativo na prosa)
  • Uxío Novoneyra (o primeiro título importante da posguerra)
  • Xosé Díaz Castro
  • E. Ferreiro: Dos máis destacados da X36 e da poesía social en Galicia. Pegada do paisaxismo e intimismo. O primeiro gran libro foi O soño sulagado, con temas de saudade polo paraíso perdido, o antibelicismo e as dolorosas vivencias. A Longa noite de pedra acadará un éxito impresionante debido á mensaxe que transmite (denuncia contra a opresión e o poder). Dúas liñas temáticas:
    • Social: expresa a defensa dos oprimidos
    • Intimista: sentimentos de saudade que evocan a infancia

Poetas da Escola (PdE)

Nados entre 1920 e 1930. Cada quen busca o seu estilo. Formados en castelán. Viven o drama social da posguerra e a pobreza cultural dunha sociedade censurada. Autores máis destacados:

  • Luz Pozo Garza
  • Manuel Cuña Novás: representante da Escola da Tebra, na súa obra Fabulario Novo reflicte un sentimento de angustia e desesperación ante a vida, utilizando sensacións de sombras, de escuridade, de espanto…

Xeración dos 50 (XdsFM)

Nados entre 1930 e 1940. Conciencia de grupo, danse feitos colectivos: a restauración das Festas Minervais universitarias, a creación do grupo Brais Pinto... Non coñecen a Guerra Civil e axudaron ás organizacións nacionalistas. Autores máis destacados:

  • María Mariño (a primeira poeta nova da posguerra e a máis prolífica)
  • Uxío Novoneyra (a poesía paisaxística describe a natureza do Courel, onde o ser humano é un elemento mínimo dentro da inmensidade cósmica)
  • Ferrín: Presidente da RAG. Figura das máis importantes da literatura galega. Fundador do grupo Brais Pinto. O libro máis importante é Con pólvora e magnolias, que supón un camiño novo na literatura galega, con novos temas, nova linguaxe poética... Combínase a poesía revolucionaria co lirismo intimista (lembranza do pasado, o paso do tempo, o amor...) e o luxo estético. Usa o versolibrismo e multitude de referencias culturais. Ton nostálxico.

Entradas relacionadas: