A poesía do Grupo do 98

Clasificado en Español

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,45 KB

La poesía del Grupo del 98


La crise da conciencia burguesa, a perda das colonias e a difícil situación política da Restauración provocan unha onda de indignación e protestas que se manifestaron na literatura a través dos autores do Grupo do 98. 
Estes escritores parten do desexo de renovación política e social entroncado con os rexeneracionistas. Os temas tratados son comúns en todos eles, como por exemplo o paisaxe castelán, o interese pola vida cotiá do pobo, e o retorno aos clásicos. Coinciden tamén no uso dunha linguaxe máis directa e na procura da sinxeleza nas formas. 
Entre os autores desta xeración, son principalmente Miguel de Unamuno, Ramón Mª del Valle-Inclán e especialmente Antonio Machado quen cultivaron a poesía na súa carreira literaria. 
Unamuno presenta unha poesía de carácter moi persoal que lle serve, ao igual que as súas novelas, para expresar as mesmas inquedanzas relixiosas, o descontento pola súa época, o seu interese por Castela, e o amor pola familia. En canto á forma, defende unha poesía con musicalidade baseada no ritmo e na harmonía, e non nas convencións de métrica, rima e artificio. O Cristo de Velázquez, inspirada na contemplación do cadro do pintor, e que representa a exaltación do amor divino é considerada a súa mellor obra. 
Valle-Inclán recolle a maior parte da súa obra poética baixo o título de Claves líricas. Nas súas Sonatas presenta unha visión artificiosa do paisaxe galego. Pero é na súa obra máis particular La pipa de kif, onde os elementos poéticos de base modernista se deforman ata o grotesco.
 Será, sen embargo, Antonio Machado o gran poeta da Xeración do 98 e compartirá cos seus compañeiros de grupo os temas profundos do seu tempo como a revalorización do paisaxe, Campos de Castela; a angustia ante o paso do tempo, Soledades; a preocupación pola situación do país, o escepticismo e a supremacía do espiritual sobre o material; todo iso seguindo un estilo sobrio e intimista. 
En conclusión, a poesía noventayochista defínese pola importancia do paisaxe que serve para expresar o problema nacional, pola súa conexión con Castela, que representa os valores e características do pobo español, polo alcance colectivo das grandes preocupacións comúns (o sentido do tempo, a alma relixiosa, a soidade…), e pola influencia da filosofía irracionalista europea.

Entradas relacionadas: