Poesía de nadal en galego

Clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,82 KB

Poesía popular: poesía anónima de circunstancias as cantigas populares e panxoliñas.

Panxoliñas: tiveron un gran desenvolvemento dentro e fóra de Galicia debido á galeguización do

tema de Nadal.


A ilustración

Os homes ilustrados denunciaron a situación de abandono, miseria e atraso do pobo galego.

As principais figuras neste século foron:

-Padre Feixoo (1676-1764), quen, malia non ter ningunha obra en galego, defendeu a dignidade a dignidade da lingua e equiparouna ás outras linguas romances.

-Padre Sarmiento: realizou importantes estudos sobre a lingua galega, recopilando abundante léxico e indagando na súa etimoloxía.

-Diego Antonio de Cernadas e Castro: o cura de Fruíme.


O galego na actualidade

A situación social da lingua galega nestes anos non sufriu grandes cambios; o galego segue perdendo tantos falantes habituais como iniciais. O galego camiña hoxe entre o positivo dos avances que se acadaron coa chegada da democracia e síntomas moi negativos.

Os resultados das enquisas indican unha diminución xeral no uso do galego, pese a que segue sendo a lingua máis utilizada en Galicia. Unha das causas da diminución: algunhas actitudes negativas e prexuízos con respecto ao galego. No 2004 o Parlamento de Galicia aproba, por unanimidade, o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. En 2005, o Consello de Europa recomenda que en Galicia o ensino sexa principalmente en galego, e no curso 2007-2008 entra en vigor o decreto que establece en ensinanza Primaria e na ESO polo menos un 50% en galego. No 2003 por parte da Real Academia da Lingua e do Instituto da Lingua Galega, coa publicación da renovación das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego.


Entradas relacionadas: