A Poesía e Narrativa do Exilio en Galicia
Clasificado en Diseño e Ingeniería
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,74 KB
A poesía do exilio: no exilio americano prodúcese unha poesía de forte denuncia social. Autores: Luís Seoane, "Fardel de exiliado" (caracterizado polos temas de emigración e exilio) / Lorenzo Varela, "Catro poemas para catro gravados" e "Lonxe" (experiencia persoal no exilio) / Emilio Pita, "Jacobusland" (traxedia da Guerra Civil).
A narrativa: Autores: Ramón Valenzuela, "Non agardarei por ninguén" (carácter autobiográfico) / Silvio Santiago, "O silencio redimido".
Eduardo Blanco Amor: a súa obra narrativa: "A esmorga", "Os biosbardos" e "Xente ao lonxe".
Características das obras: cidade de Ourense, 1ª décadas do s. XX, protagonismo infantil e xuvenil (Esmorga), 1ª persoa, fala popular.
Características das obras: cidade de Ourense, 1ª décadas do s. XX, protagonismo infantil e xuvenil (Esmorga), 1ª persoa, fala popular.
A esmorga: historia tráxica en Ourense, 3 partes: 1ª, o narrador-autor explica como obtivo a información necesaria para a historia; 2ª, conta a historia en 5 capítulos na que Cibrán declara ante o xuíz a morte dos seus compañeiros; 3ª, o autor-narrador desvela a morte de Cibrán, o protagonista, e as circunstancias.
Os biosbardos: conxunto de 7 relatos breves nos que rapaces de Ourense contan as súas experiencias persoais e as condicións da súa ida.
Xente ao lonxe: novela longa que conta a historia dunha familia obreira de esquerdas. O seu protagonista é un neno chamado Suso que narra a súa experiencia dende a infancia ata a mocidade (contada por varios narradores).
Álvaro Cunqueiro: a) novelas: "Merlín e familia" (figura máxica do mago adaptada a Galicia), "As crónicas de Sochantre" (na Bretaña francesa, protagonizada por un músico), "Se o vello Sinbad volvese ás illas" (inspirada nos relatos de As mil e unha noites, sobre un mariñeiro que quere volver ao mar).
b) libros de relatos: "Escola de menciñeiros", "Xente de aquí e de acolá" e "Os outros feirantes" (especie de triloxía, xa que teñen a mesma temática e estrutura, breves sobre personaxes populares da tradición oral).
b) libros de relatos: "Escola de menciñeiros", "Xente de aquí e de acolá" e "Os outros feirantes" (especie de triloxía, xa que teñen a mesma temática e estrutura, breves sobre personaxes populares da tradición oral).
Ánxel Fole: Narrativa: "A lus do candil" e "Terra brava" (ambientada na Galicia rural da alta montaña luguesa, co obxectivo de dar a coñecer a Galicia máxica e misteriosa); "Contos da neboa" e "Historias que ninguén cre" (na Galicia urbana, na cidade de Lugo, con temas de medo, misterio e experiencias paranormais).