A poesía de vangarda en Galicia: historia e movementos

Otras lenguas extranjeras2,54 KB

A poesía de vangarda: as primeiras décadas do século XX

Nas primeiras décadas do século XX xurdiron unha serie de movementos ou ismos que supuxeron unha ruptura radical co que ata entón se entendía por arte en todas as súas manifestacións. Nun período en que o mundo se atopaba nun constante cambio e sufría transformacións sen precedentes, os ismos da vangarda fóronse sucedendo vertixinosamente uns a outros e cada un deles tiña o seu propio postulado, cuxos autores adoitaban difundir a través dos manifestos.

A vangarda en Galicia

En Galicia, este movemento foi protagonizado pola Xeración de Vangarda, formada por autores nados arredor de 1900. Tiña trazos propios:

  • As revistas convertéronse nas canles de expresión favoritas (destacaron Cristal, Papel de Color, Resol, Ronsel ou Galiza).
  • Foi menos rupturista debido a que a cultura e a literatura galega viñan de acadar a súa normalización coas Irmandades da Fala e o Grupo Nós.
  • Coincidiron co espallamento da conciencia nacionalista e coa descuberta dos cancioneiros medievais.

Os vangardistas galegos tentan actualizar e modernizar a poesía, e pódense distinguir dúas correntes:

1. Correntes autóctonas

  • Hilozoísmo: caracterízase pola brevidade e sinxeleza, o mantemento da métrica tradicional, a animación ou personificación dos elementos da natureza, a linguaxe metafórica e a preferencia pola imaxe, polo que tamén se chamou imaxinismo. Destacou Luis Amado Carballo con Proel e O Galo.
  • Neotrobadorismo: xorde froito da fascinación polo mundo dos cancioneiros medievais. Retómanse os elementos da cantiga de amigo como o paralelismo ou o leixaprén, combinándoos con outros trazos de estilo vangardista (imaxe). Destacan Álvaro Cunqueiro (Cantiga nova que se chama riveira) e Fermín Bouza-Brey (Nao senlleira, Seitura).

2. Vangarda plena

Supuxo unha ruptura case total coa tradición literaria galega e conectou cos ismos vangardistas internacionais:

  • Manuel Antonio: seguiu sobre todo o creacionismo en De catro a catro.
  • Manuel Luís Acuña: con Firgoas.
  • Álvaro Cunqueiro: con Mar ao norde e Poemas do si e do non, onde presenta características do surrealismo.

Descargar

PDF Word HTML