Os poetas andaluces do grupo do 27
Clasificado en Matemáticas
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,17 KB
Aínda que son moitos os poetas, tanto os coñecidos como os que non forman parte da nómina usual (Concha Méndez, María Teresa León, José María Hinojosa, Rafael Laffón, Alejandro Casona ou Pedro Garfias, entre outros), centrarémonos nos autores andaluces do grupo do 27:
Vicente Aleixandre
Nacido en Sevilla e criado en Málaga, foi premio Nobel en 1977. Os seus temas son variados: o amor como impulso erótico que leva á destrución ou a natureza como fonte de vida. Posúe unha primeira etapa de corte surrealista con imaxes oníricas e irracionais, onde predomina o versolibrismo; aquí o poeta funde-se coa natureza. Pertencen a esta etapa libros como Espadas como labios, Sombra del paraiso e La destrucción o el amor. A súa segunda etapa supón un abandono do surrealismo e a natureza para centrarse no home. Desta etapa son os libros Historia del corazón e Poemas para la consumación.
Federico García Lorca
Os seus primeiros libros supoñen unha fusión do tradicional coa vangarda e a poesía pura. Destaca Poema del cante jondo e Romancero gitano; son pezas de tema andaluz con elementos oníricos e mestura de tradición e surrealismo. Máis tarde compón Poeta en Nueva York, obra plenamente surrealista onde nos fala de personaxes marginados a través de versos libres e unha estética vangardista. Llanto por la muerte de Ignacio Sánchez Mejías e os Sonetos del amor oscuro son as últimas obras do granadino, onde une amor, erotismo, angustia e trascendencia.
Rafael Alberti
O gaditano iníciase na estética neopopularista con métrica tradicional, exemplo deles son Marinero en tierra e El alba del alhelí. Segue unha etapa gongorina (Cal y canto) e unha etapa surrealista: Sobre los ángeles é un libro único na produción de Alberti e constitúe unha das cumbres españolas do surrealismo de filiación europea. Coa chegada da República e a Guerra, Alberti escribe unha poesía máis comprometida social e políticamente. Son libros desta época Un fantasma recorre Europa, De un momento a otro, Capital de la gloria. No exilio non deixa de escribir: Entre el clavel y la espada; Roma, peligro para caminantes; Retornos de lo vivo lejano.
Luis Cernuda
O sevillano é o poeta do amor por excelencia. Perfil del aire é o seu primeiro libro con poesía pura. Escribe a continuación libros surrealistas como Un río, un amor; Los placeres prohibidos; Donde habite el olvido. As súas grandes obras son La realidad y el deseo e Ocnos. O primeiro é o título da súa poesía completa: soedade, angustia, desexo de beleza absoluta; aspira a chegar á comunicación mediante o amor. A súa poesía do exilio en México está, entre outros, nos libros titulados Con las horas contadas, Desolación de la quimera. Polas características da súa poética (renuncia á rima, aos ritmos marcados, ao linguaxe ortodoxamente poético) é, quizais, o poeta do 27 que máis influíu nas xeracións posteriores.