Política e Estado: Orixe, Lexitimidade e Xustiza en Platón
Clasificado en Filosofía y ética
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,48 KB
Política
A Orixe do Estado
En todas as sociedades existiron, sempre, formas de poder social, tales como o patriarcado ou o matriarcado. Nas sociedades actuais, o poder político exércese sobre todo a través do Estado e das súas institucións. As primeiras sociedades humanas foron sociedades sen Estado; os primeiros Estados en Europa empezan a constituírse en torno ao século XIII, un proceso longo que chega ata o XIV, sendo Italia o último en consolidarse.
Sociedades sen Estado: Características
- Grupo con escaso número de membros.
- Economía de subsistencia.
- Carecen de sistema xurídico.
- O individuo ten dependencia do grupo e das relacións entre individuos.
O Estado Moderno: Características Clave
O Estado é un tipo de organización política coas seguintes características:
- Posúe xurisdición universal sobre o seu territorio.
- Poder diversificado institucionalmente.
- É a orixe exclusiva da legalidade vixente.
- Ten o monopolio do poder e da forza.
- É soberano, non comparte o poder.
Para explicar cal puido ser a orixe do Estado como principal forma de organización política, os filósofos elaboran as teorías do contrato social.
Lexitimidade e Legalidade do Estado
A legalidade significa que algo está ditado pola lei e a lexitimidade fai referencia ás razóns para obedecer á lei. O poder político exercido polo Estado debe estar lexitimado. A lexitimidade do poder político refírese á xustificación racional, respecto da dignidade das persoas e os dereitos humanos.
A Xustiza na Filosofía de Platón
O propósito de Platón é unha sociedade ideal, utópica. O seu pensamento político presenta unha clara correlación entre alma e Estado. O tema da súa obra “A República” é a xustiza.
Segundo Platón, a sociedade xorde da necesidade de intercambiar bens e servizos. A cidade responde ás necesidades humanas, porque ningún ser humano se abasta por si mesmo.
En definitiva, para el a cuestión política é tamén unha cuestión ética: cada cidadán debe practicar aquelas virtudes propias do grupo social ao que pertence; niso consiste a xustiza entendida como harmonía.