Pondal
Clasificado en Otras materias
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,95 KB
-Obra: Ainda que Pondal dedicou unha grande parte da sua vida ao cultivo da poesia, a sua obra e pouco extensa, debido ao seu afan perfeccionista que o levaba a refacer os seus textos unha e outra vez. Empezou escribindo en castelan versos de temas romantico-amorosos. A sua primeira composicion en galego foi “A campana de Anllóns” (1858), que se publicou no Albun de la Caridad. A sua obra reducese a dous titulos: Queixumes dos pinos (1896) poemas do seu anterior libro bilingüe Rumores dos pinos (1877); e Os Eoas, un longo poema epico dunha trescentas oitabas reais en versos hendecasilabos, que empezou a compoñer sendo mozo e que non viu publicado en vida. Despois da sua morte, os seus poemas soltos recolleronse cos titulos Pondal: versos iñorados ou esquecidos (1969) e Eduardo Pondal: novos poemas (1971) -Principais liñas tematicas e ideoloxicas de Queixumes dos pinos: Esta estructurado arredor de dous grandes nucleos tematicos: o celtismo e a paisaxe. O tema principal do libro e a recreacion lirica dunha orixe mitica e celta do pobo galego. Para forxar ese pasado glorioso de Galicia, Pondal bota man duns heroes de raiz celta con nomes que toma dos topónimos da sua comarca e dunha mitoloxia capaz de facer renacer nos galegos e conciencia da propia identidade e a recuperacion da autoestima colectiva de Galicia como pobo diferenciado. Ao xeito dos bardos celtas, Pondal erixese no vate que instrue e dirixe o seu pobo. A partir dun pasado glorioso, o bardo albisca do camiño do destino colectivo dos galegos intenta guialos caro a un futuro de liberdade, no que prevalezan “os bos e xenerosos”, orgullosos do seu e artifices dun futuro digno e solidario, fronte aos “imbéciles e escuros”, que renegan da sua terra e da sua historia. O outro nucleo tematico, a paisaxe, esta representada pola natureza agreste de Bergantiños, recreada case sempre como non contaminada e con carácter idealizado e bucólico. Esta natureza aparece unhas veces personificada e outras, con valor de simbolo. As arbores, as uces, os toxos, o vento, as aves e outros animais salvaxes, como os corzos, son capaces de escoitar e de falar, teñen unha mensaxe que transmitir ou actuan como confidentes do poeta. Dentro destes elementos tematicos, a muller aparece tratada de dosu modos contrapostos: idealizada, como no poema “Eu sei dunha doce meiga”, que evidencia un eco platonico de orixe trobadoresca, e rebaixada a simple obxecto sexual, como en “Pilleina entre os pinos soa”, que zumega un primitivo concepto de amor.