O prerrexurdimento en Galicia
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,17 KB
1º manifestacións literarias do xix atópanse ligadas aos acontecementos históricos e políticos que se desenvolveron en Galicia.
Reivindícase a defensa da identidade galega por parte duns intelectuais, o cal terá consecuencias literarias no xix.
A hº da literatura do xix estará dividida en 2 etapas: o prerrexurdimento( espazo de tempo transcorrido entre 1808 -ano do comezo da guerra contra Francia- e 1863 coa publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro) eo Rexurdimento ( nome co que se coñece o século xix na historia de Galicia; expresa unha traxectoria de recuperación non só literaria, senón tamén cultural, política e histórica. A publicación de Cantares gallegos inaugura o Rexurdimento Pleno, e as obras anteriores a esta data
Acostuman clasificarse como pertencentes aos precursores. A Rosalía hai
Que engadir a Eduardo Pondal, Valentín Lamas Carvajal e mais Manuel Curros Enríquez como os principais escritores en galego desta época), nas qque se aprecia unha evoluvión ideolóxica e cultural importante para o galeguismo.
O prerrexurdimento(1808-1862) distingue dous períodos: 1º etapa de 1808 aao 1833 da defensa de Galicia autonomamente e a 2º etapa de 1833 a 1862 ca recuperación cultural e escrita da lingua popular.
O rexurdimento. Iníciase en 1863 cos Cantares gallegos; o proxecto de rehabilitación nacional continúa iniciado por provincialistas como Manuel Murguía.
Provincialismo: movemento político que pasou por Galicia no xix e foi un dos antecedentes do galeguismo e do nacionalismo galego.
O contexto hº, cultural e social do prerrexurdimento dase dentro dun contexto marcado por 2 acontecementos: a volta ao absolutismo coa invasión napoleónica ea revolución liberal eo provincialismo.
Os 1º textos galegos danse durante a loita contra os franceses ea confrontación política liberal vs absolutista, co que xorde unha literatura cuxo valor principal reside no emprego do galego por escrito por vez 1 dende os séculos escuros.
Os textos propagandísticos eran escritos en galego co propósito de faciltar a comprensión das mensaxes e lograr unha identificación por parte do pobo, naceron coa necesidade de manter excitados os ánimos do pobo contra os franceses e de informar sobre a guerra. 1810 aparece o 2 texto publicado na Coruña que alude á guerra da independencia, proeza de Galicia de xosé fenández neira. Un labrador que foi sarxento aos soldados do novo alistamento en 1808.
O desexo dos liberais e conservadores de atraer o campesiñado a súa causa, motivou a aparición de textos en prosa galega en forma de cartas ou diálogos. A obra máis importante: os rogos dun galego establecido en Londres de Manuel pardo andrade en 1813.
Textos anteriores ao provincialismo: poesías satíricas, obras de circunstancias... Pedro de Quevedo ou panxoliñas. O principal escritor foi Antonio bieito fandiño con poemas de contido irónico como a casamenteira. Tamén nicomedes pastor díaz con textos en galego, a alborada e a égloga de belmiro e benigno.