Prerrexurdimento, Séculos Escuros e Rosalía de Castro

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 7,32 KB

Prerrexurdimento (1808-1863)

É o período que vai desde o século XIX ata a publicación de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Contexto Histórico e Social

Guerra da Independencia

Contra os franceses. Chegan a Galicia en 1809 e foron expulsados polas guerrillas e a resistencia do pobo.

Movemento Provincialista

En 1846 o comandante Solís promoveu un levantamento militar contra o goberno dos moderados. Fracasou e foron fusilados os que dirixían a revolta (Mártires de Carral).

Sociedade Rural

Os campesiños non eran donos das terras nas que traballaban, senón que as arrendaban. As terras eran dos fidalgos e da Igrexa. Cobrábanlles unha parte do que producían. Medio millón de galegos emigraron.

O Galego na Época

Falábao a maioría da poboación, pero o castelán impúxose cada vez máis, sobre todo nas cidades.

  • Xorden os prexuízos contra o galego, aumenta o seu desprestixio e dise que é unha lingua rural, de aldea.
  • Vólvese a usar o galego grazas a algúns sectores galeguistas, primeiro na literatura e despois nos actos públicos.

Literatura Galega

Etapas da Literatura no Prerrexurdimento

Primeira Etapa (Textos Propagandísticos e Satíricos)

Textos escritos en galego, en prosa, con carácter propagandístico. Teñen como tema a guerra contra os franceses.

Exemplos:

  • Romance anónimo"Un labrador que foi sarxento aos soldados do novo alistament".
  • Proezas de Galicia (1810) de Xosé Fernández Neira. É o diálogo entre Pinto e Chinto sobre a crueza da guerra.
Segunda Etapa (Diálogos Satíricos)

Diálogos de carácter satírico que tratan temas políticos do momento. É unha literatura didáctica e anónima.

Como o de:

  • Diálogo O tío Farruco.
  • Diálogo entre dos labradores gallegos afligidos e un avogado instruido, despreocupado y compasivo de Pedro Boado (1823). Obra bilingüe (o avogado fala castelán) que fala das cargas eclesiásticas.
Outras Obras Destacadas
  • Romance"os rogos dun gallego establecido en Londres, dedicado aos seus paisanos para abrirlle os ollos sobre iñorancias e o que verá o curioso lecto", de Manuel Pardo de Andrade. É unha sátira contra a Inquisición.
  • A casamenteira (1842), de Antonio Benito Fandiño, é unha obra de teatro en verso que trata dos casamentos amañados.
  • Dúas composicións amorosas de Nicomedes Pastor Díaz: a égloga e o poema .
Segunda Etapa (Os Precursores)

Literatura publicada antes da publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro. Os autores son os Precursores.

Xogos Florais da Coruña (1861)

Certame poético en galego e castelán. Moitos aparecen publicados no Album de la Caridad, recompilación feita por Antonio de la Iglesia.

Manuel Pintos (1811-1878)

Autor de A gaita gallega (1853), o primeiro libro da literatura galega contemporánea. Mestura de textos en verso e prosa, en galego, castelán e latín. É un diálogo entre un gaiteiro e un tamborileiro que aprende galego.

Francisco Añón (1812-1878)

Compuxo o himno e outros poemas como ou .

Séculos Escuros (XVI-XVIII)

Refírese aos séculos XVI, XVII, XVIII, época na que o galego desapareceu da escrita e se reduce na lingua oral. A finais do século XV comeza unha represión contra Galicia porque a nobreza galega apoiou as loitas ao bando perdedor, o de Xoana a Beltranexa. Cos Austrias nos séculos XVI e XVII e cos Borbóns no XVIII a política imperialista e centralista continúa e acábase impoñendo o castelán en Galicia. A sociedade empobreceu ao non ter institucións propias. A lingua galega sofre un retroceso porque as clases poderosas son de fóra e falan castelán, no ensino, na Igrexa... O galego queda reducido á lingua oral e popular. Nas linguas romances o galego apenas existe.

Literatura dos Séculos Escuros

Séculos XVI-XVII: Poesía Culta

  • Sobre o tema do Mariscal Pardo de Cela que foi decapitado na praza de Mondoñedo en 1483. Sobre o tema consérvase un texto en prosa , que narra a decapitación do Mariscal.
  • Relacionado co saqueo de Cangas polos turcos en Nadal de 1717.
  • Poesía tradicional anónima.
  • Vilancicos.

Poesía Culta: Renacentista e Barroca

  • Renacentista: Soneto de Monterrei, Soneto"Aracana naçao", da Condesa de Altamira. É unha loanxa ao poeta castelán Alonso de Ercilla.
  • Barroca: de Xoán Gómez Tonel, funcionario da Real Audiencia da Coruña e autor dun libro sobre as exequias da raíña Margarida de Austria.
  • Soneto de Pedro Vázquez Neira, .
  • Décimas ao Apóstolo Santiago do crego Martín Torrado.
  • Composicións das Festas Minervais. Celébranse na Universidade de Santiago desde 1563.

Teatro

  • Entremés famoso sobre a pesca no río Miño de Gabriel Feixóo de Araúxo, conta as pelexas entre galegos e portugueses para saber quen pesca no río Miño. Pero ao final acaba ben porque acaban facendo todos unha festa.

Século XVIII: A Ilustración

É a época das ciencias, do triunfo e da razón. Aparecen uns autores, ilustrados, que denuncian a situación da lingua e din que se dignifique o galego:

  • Frei Benito Jerónimo Feixoo
  • Xosé Andrés Cornide
  • Frei Martiño Sarmiento
  • Diego Antonio Cernadas e Castro

Rosalía de Castro

Naceu en 1834 en Santiago de Compostela. Filla dunha fidalga e dun crego, pasou os primeiros anos en Ortoño, onde contactou coa cultura popular e deu conta do dura que era a vida campesiña. De moza foi para Santiago e alí integrouse na intelectualidade progresista grazas a Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e Manuel Murguía. En 1856 foise a Madrid onde casou con Manuel Murguía e tiveron sete fillos. En 1871 foise para Padrón para sempre, morreu alí en 1885. En 1891 os seus restos foron enviados ao Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago.

Obra de Rosalía de Castro

É a primeira escritora da literatura galega contemporánea. A súa obra foi no Rexurdimento, que con Cantares gallegos iniciouse esta etapa. Con esta obra deféndese o idioma galego. Follas Novas (1880), fai que se apliquen novas técnicas aos temas da literatura universal.

Características da Obra Rosaliana

Temas Principais

  • Uso do galego
  • Defensa de Galicia denunciando o desprezo á nosa cultura
  • Denuncia dos problemas económicos (emigración ou propiedade da terra)
  • Discriminación da muller e a reivindicación de que sexa unha protagonista social.

Lingua

Emprega unha lingua coloquial e espontánea, con léxico sinxelo. Á hora de escribir baseouse no falar da área compostelá.

Estilo

Reelaboración culta das formas da poesía popular, usa moitos recursos da literatura popular, concentrándose na repetición e o contraste.

Cantares Gallegos

Publicado o 17 de maio de 1863, considérase o primeiro libro da literatura galega contemporánea. Nel hai 36 poemas nos que fala unha rapaza...

Entradas relacionadas: