A presenza de Xesús na Igrexa e a misión cristiá
Clasificado en Filosofía y ética
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,07 KB
A presenza de Xesús na Igrexa
Despois da resurrección de Xesús, el seguiu vivo e presente na comunidade dos seus discípulos. A Igrexa é o conxunto de crentes en Xesús, o conxunto de bautizados, os discípulos de Xesús. El permanece na vida da comunidade, especialmente na Eucaristía, na oración, na liturxia, no resto de sacramentos e en todas aquelas iniciativas de loita polos dereitos humanos e promoción da xustiza. Na Igrexa hai distintos tipos servizos: a liturxia, a catequese, a caridade… A liturxia é todo aquilo que ten que ver coa celebración da fe, dos tempos litúrxicos… Xesús está presente en todos os corazóns de boa vontade, e por suposto en todos os sacramentos: o bautismo, confirmación, reconciliación, eucaristía, orden sacerdotal, unción dos enfermos, matrimonio. Por medio dos sacramentos recibimos tamén a graza de Deus. A misión da Igrexa é anunciar e establecer o reino de Deus na terra. Hai un criterio que podemos empregar para ver se estamos actuando correctamente: comparar a nosa vida como cristiáns coa vida de Xesús, que faría Xesús nesa situación. A Igrexa a formamos seres humanos, e polo tanto falibles, pero Xesús sempre presente non abandona e ofrece sempre unha nova oportunidade.
O envío do Espírito Santo
O día de Pentecoste Deus enviou o Espírito Santo para dar forza a Igrexa, edificala, darlle alento… O Espírito Santo é a forza de Deus, é a 3ª persoa da trindade, e Deus o envía 50 días despois da Pascua. Este Espírito Santo é o que fai que os discípulos de Xesús foran por todo o mundo expandindo a Boa Nova. Co paso do tempo a Igrexa foise expandindo polo resto de territorios que se ían descubrindo: Ámerica, África, Asia… Nestes novos territorios foron os misioneiros os encargados de anunciar o Evanxeo. Deste xeito e aínda ata hoxe, os cristiáns seguimos anunciando o reino de Deus polo mundo. Vexamos os 7 dons do Espírito Santo: 1º.Sabedoría, para entender o que favorece ou prexudica ao proxecto de Deus. 2º.Entendemento, ilumina para afectar as verdades reveladas por Deus. 3º.Consello, aí o Espírito axúdanos a discernir (reflexión sobre pros. e contras cando hai que tomar unha decisión) os camiños e as opcións de vida. 4º.Ciencia, por ese don comprendemos a vontade de Deus. 5º.Piedade, permítenos estar abertos á vontade de Deus actuando como actuou Xesús. 6º.Fortaleza, o Espírito fainos valentes para enfrontar as dificultades da vida. 7º.Temor de Deus, mantennos no respecto debido fronte a Deus na súa misión e na súa vontade.
A influencia do cristianismo na cultura
O cristianismo xera unha cultura propia en diálogo coa cultura grecorromana e xudea e logo coas distintas culturas dos pobos por onde se foi expandindo. Os monxes cristiáns transmitiron e crearon durante séculos a cultura coñecida. Hoxe en día o cristianismo segue a ser un referente cultural, non só nas artes, se non nos medios de comunicación, nas cuestións literarias, filosóficas… E porque todo iso é un instrumento para compartir a fe e as propostas cristiás de vida.