Prevención e corrección de riscos ambientais
Clasificado en Deporte y Educación Física
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,47 KB
Prevención e corrección de riscos
As medidas de xestión de riscos divídense en tres categorías principais:
1. Medidas preditivas
Tratan de determinar con antelación cando e onde se poderá producir un risco.
2. Medidas preventivas
Buscan previr os riscos mediante actuacións que os supriman ou os diminúan a partir de:
- Impedir o desenvolvemento en áreas arboradas preto de zonas de risco.
- Poñer sistemas de prevención en cada área segundo o risco concreto.
- Organizar plans de avaliación en zonas de risco, tendo en conta as características da zona e dispoñendo de medios para combatelas.
- Reducir o uso de fertilizantes agrícolas e insecticidas para non diminuír a calidade do chan e evitar a contaminación das augas.
- Construír plantas depuradoras e desalinizadoras para evitar situacións de escaseza de auga e abastecer as rexións densamente poboadas.
- Non contaminar.
- Eliminar os obxectos que ardan do monte.
- Controlar os incendios e as queimas non autorizadas.
3. Medidas correctoras
Sirven para reparar un dano despois de que este xa se producise:
- Repoboacións forestais.
- A limpeza das áreas afectadas por mareas negras.
- O peche e a descontaminación dos vertedoiros ilegais.
Riscos ambientais
Son situacións que teñen certo perigo pero que non teñen por que ocorrer. Por exemplo, un volcán é un risco xa que en calquera momento pode estoupar. A perigosidade é a posibilidade de que ocorra algo, e a vulnerabilidade é o volume de dano causado.
Riscos naturais
Son fontes naturais que, se superan un límite, poden converterse nun risco:
- Xeolóxicos: Erupcións volcánicas, aludes.
- Atmosféricos: Tempestades, secas.
- Biolóxicos: Pragas, infeccións.
- Cósmicos: Meteoritos, aumento da temperatura.
Riscos antrópicos
Son os que derivan da actividade humana:
- Derivados de conflitos: Perda de vidas, enfermidades, epidemias.
- Industriais e tecnolóxicos: Explosións, centrais nucleares.
- Por outras causas humanas: Incendios, accidentes.
A acción humana, ademais, pode incrementar os riscos naturais, diferenciándose no ámbito local e no ámbito planetario.