Prexuízos Lingüísticos e Prosa Galega do S. XX: Unha Análise
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,28 KB
Sociolingüística: Prexuízos Lingüísticos
Os prexuízos son xuízos atrevidos ou precipitados emitidos sen base suficiente por persoas que se deixan levar por tendencias non sustentadas na razón.
Un prexuízo lingüístico é unha subclase de prexuízo emitido sobre unha lingua ou sobre os seus falantes, co propósito de provocar o seu rexeitamento. Estes existen desde a antigüidade (latín).
Os Prexuízos Lingüísticos en Galicia
Estes fóronse conformando ao longo dos séculos, nun lento proceso de imposición e substitución lingüística.
Tipos de Prexuízos Lingüísticos
Prexuízos relacionados coa suposta falta de utilidade do galego
O que se considera inútil acaba sendo rexeitado ou abandonado.
- O galego íllanos do exterior.
- O tópico da lingua universal.
- O galego non xera riqueza.
Prexuízos que asocian o galego coa pobreza e co atraso
Considérase inútil nunha sociedade que pretende ser rica e avanzada.
- Lingua rural, de pobres e ignorantes.
Uso do galego como sinal de descortesía ou mala educación
- O galego como desconsideración ás persoas descoñecidas.
Prexuízos relacionados coa pretendida imposición do galego
Esténdense coas primeiras medidas de protección do galego.
- Imposición dunha minoría política intolerante.
- A imposición do galego na educación.
Caracterización Pexorativa e Incompetencia dos Falantes
Considérase o galego como lingua ruda ou fea e os seus falantes como incompetentes que non falan ben o galego.
- Non é unha lingua válida para a xente nova.
O galego como marca ideolóxica ou profesional
Xurdiron coa incorporación do galego no mundo laboral.
- Lingua marcada politicamente.
Prosa do Primeiro Terzo do Século XX
Os Continuadores do Século XIX
A prosa galega moderna nace coa Xeración Nós. Con anterioridade a estes autores cómpre citar outros que desenvolven o xénero. Destacan:
- Manuel García Barros: Contiños da Terra
- Francisca Herrera Garrido: A Ialma de Mingos
- Gonzalo López Abente: O Deputado de Beiramar
Prosa das Irmandades da Fala
A prosa galega experimentou uns avances notables nas Irmandades da Fala. Demóstrano os feitos:
- A aparición do ensaio, medio de difusión da ideoloxía nacionalista.
- O desenvolvemento da prensa en galego: o periódico A Nosa Terra.
- A difusión de diferentes coleccións de narrativa que serviron de soporte para moitas creacións dos novelistas.
Os ensaístas máis importantes:
- Johán Vicente Viqueira: artigos en A Nosa Terra.
- Antón Vilar Ponte: Pensamento e Sementeira.
- Ramón Vilar Ponte: Doutrina Nacionalista.
- Leandro Carré Alvarellos: Naiciña.
- Xosé Lesta Meis: Menecho o da Rúa.
Xeración Nós (Prosa)
A Xeración Nós tivo 3 etapas:
Pregaleguismo (1914)
Xorde en Ourense no 1914. Formaban parte Risco, Cuevillas, Pedrayo e Arturo Noguerol.
- Procedentes da clase acomodada.
- Rexeitan o modelo de sociedade.
- Desvinculados da nosa cultura e do movemento nacionalista.
- Baséanse na defensa do individualismo e na procura do exótico.
Galeguismo (1917)
En 1917 teñen os primeiros contactos coas Irmandades da Fala (Castelao e Antón Losada).
- O camiño da universalidade pasaba polo coñecemento da cultura.
- Labor político e cultural para incorporar Galicia a Europa (creación do Partido Galeguista, da revista Nós e do Seminario de Estudos Galegos).
Posguerra (1936)
En 1936 comeza a guerra e supuxo a ruptura da unidade do grupo e o remate da súa actividade:
- Risco renuncia ás conviccións galeguistas.
- Pedrayo e Cuevillas comezan o silencio político.
- Castelao exíliase.
- Outros son executados.
Renovación na Prosa da Xeración Nós
Prosa de Ficción: Novela
Diversifica temas (realista urbana, histórica, psicolóxica…) e incorpóranse narrativas de autores europeos.
Obras:
- Os dous de sempre, Castelao (realista)
- A Romeiría de Xelmírez, Pedrayo (histórica)
- Arredor de si, Pedrayo (psicolóxica)
Prosa Científica: Ensaio
Axéitase ao idioma e abrangue todas as áreas do saber.
Obras:
- Teoría do Nacionalismo, Risco (política)
- Ensaio Histórico sobre a Cultura Galega, Pedrayo (Historia da cultura)
- As Cruces de Pedra na Galicia, Castelao (arte)
Prosa de Ficción: Conto
Busca da brevidade, síntese e diversificación temática en busca da orixinalidade.
Obras:
- Do caso que lle aconteceu ó Doutor Alveiros, Risco
- Cousas e Retrincos, Castelao
- Contos do Camiño e da Rúa, Pedrayo