Acepta unha secuencia de bits e transpórtaos a través dun medio físico (un enlace).
Define as especificacións eléctricas, mecánicas e de funcionamento físico para activar, manter, repetir, amplificar e desactivalas conexións físicas entre nodos.
Nivel de voltaxe, sincronización de cambios de voltaxe, frecuencia de transmisión, distancias dos cables, conectores físicos e asuntos similares son específicos nesta capa.
É a capa de máis baixo nivel e ocúpase da transmisión dos bits.
O Nivel de Enlace (Capa 2)
Establece unha liña de comunicacións libre de erros que poida ser utilizada pola capa superior —a capa de rede— (Enlace).
Utiliza a dirección física dos nodos.
Constrúe TRAMAS (2-PDU).
Non se ocupa do significado dos bits. Divídeos en bloques de nivel 2.
As tramas envíanse secuencialmente pola liña a través dos servizos dunha trama de confirmación (xerada na capa de enlace do receptor); ocúpase das tramas erróneas ou duplicadas.
Tamén debe involucrarse na orde en que cheguen as tramas, regras de uso do medio físico e control do fluxo no medio.
O Nivel de Rede (Capa 3)
Ocúpase do control da subrede.
Entrega os paquetes (3-PDU) á rede correcta, ao nodo correcto, buscando o mellor camiño.
Resolve o encamiñamento de paquetes entre redes distintas con sistemas de direccionamento diferentes, e que utilizan paquetes de distinto tamaño.
Fai o enrutamento e o direccionamento:
Enrutamento: cal é o mellor camiño para chegar á rede destino?
Direccionamento: cal é o nodo destino?
Cada destino na subrede está identificado por unha dirección única.
Encárgase tamén do tratamento das conxestións.
O Nivel de Transporte (Capa 4)
Transición entre os niveis orientados á aplicación e a subrede.
Recolle os datos da capa de sesión, fragméntaos de xeito que sexan aceptables pola subrede e asegúrase de que cheguen correctamente ao nivel de transporte do destinatario.
Proporciona servizo de transporte abstraéndose do hardware e o software de baixo nivel que usa a subrede.
Pode multiplexar conexións distintas por cada solicitude da capa de sesión (de xeito transparente para o usuario).
Leva a cabo comunicación peer-to-peer, de igual a igual (emisor a receptor).