Principais Cancioneiros Medievais Galego-Portugueses
Clasificado en Matemáticas
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,44 KB
Cancioneiros Principais
Cancioneiro de Ajuda: Composto durante as últimas décadas do século XIII. É un manuscrito de pergamiño que está incompleto, xa que faltan bastantes follas e carece dos nomes dos autores, da notación musical e dalgunhas miniaturas. Contén 310 cantigas de amor e consérvase na Biblioteca do Pazo Real da Ajuda en Lisboa, onde foi atopado.
Cancioneiro da Biblioteca Nacional, tamén chamado Colocci-Brancuti, porque foi o humanista italiano Angelo Colocci quen encargou a súa compilación e se atopou na biblioteca dos condes de Brancuti. Foi copiado en Italia a principios do século XVI e constitúe o máis completo repertorio da nosa lírica profana, xa que contén, ademais das 1205 cantigas do Cancioneiro da Vaticana, 442 máis. Inclúe, así mesmo, un fragmento tratado de poética. Actualmente atópase na Biblioteca Nacional de Lisboa.
Cancioneiro da Vaticana, mandado copiar, igual có da Biblioteca Nacional, por Angelo Colocci a comezos do século XVI. Contén as 1205 composicións xa sinaladas.
Cancioneiro de Berkeley, así denominado por ser propiedade desta universidade americana. É un manuscrito realizado en Italia a finais do século XVI ou comezos do XVII que semella ser unha copia bastante fiel do Cancioneiro da Vaticana.
Outros Códices Relevantes
- Pergamiño Vindel: Trátase dun rolo probablemente de finais do século XIII ou principios do XIV, que contén o texto das sete cantigas de Martin Codax e a música de seis delas. Constitúe o único exemplo conservado de cantigas de amigo musicadas, polo que posúe un importante valor.
- Pergamiño Sharrer: Datado tamén a finais do século XIII ou comezos do XIV, consta de sete cantigas de amor do rei D. Denís; é o único exemplo de cantigas de amor con música que chegou ata nós.
- Távola Colocciana: Consiste nun catálogo de autores realizado por Angelo Colocci, corresponde a un posible códice perdido.
- Cinco lais de Bretaña: Son tres folios non numerados que están depositados na Biblioteca Apostólica Vaticana.
- Tenzón entre Afonso Snaches e Vasco Martins de Resende: Consérvase en dous apógrafos do século XVII, un na Biblioteca Nacional de Madrid e o outro na do Porto.