Principios do JIT na produción industrial

Clasificado en Química

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,04 KB

Esta é unha esixencia que repercute en todas as súas fases, desde o taller de ensamblaxe final que recibe por enriba os pedidos da distribución, ata os talleres integrados ou exteriores que fabrican por abaixo os diversos componentes dos produtos acabados a partir das materias primas e auxiliares. Dícese que a produción ven arrastrada polo mercado (mentres que nas organizacións que producen sobre previsións é a produción a que se arrastra cara ao mercado).

Cero-plazos

Producir a «cero-stocks» significa necesariamente reducir os prazos de resposta das fábricas, inclusive o dos provedores. Os prazos de resposta condicionan o volume da fabricación en curso dos talleres, así como o nivel dos stocks que é preciso establecer en cada un deles para realizar, segundo pedido, as entregas entre os mesmos.

Cero-defectos

A regra de ouro dunha organización JIT é que non se fabrique nada sen ter a seguridade de que pode fabricarse sen defectos. O dominio do proceso debe adquirirse de tal maneira que se eliminen as causas mesmas dos defectos. Se unha máquina non garante o cero-defectos, non vale a pena multiplicar as inspeccións nin tolerar as pezas defectuosas: hai que cambiar a máquina. A importancia dos mecánicos na estrutura da industria transformadora xaponesa provén desta esixencia.

Cero-avarias

Todas as máquinas, inclusive as máis novas, antes de entrar en servizo, son obxecto dun minucioso chequeo por parte dos mecánicos de mantemento. Estas probas permiten identificar os puntos débiles das máquinas e tratar de remedialos; as debilidades que persisten anótanse e sinalanse aos operarios, de forma que poidan vixiarse durante o seu funcionamento, practicar eles mesmos intervencións de primeiro nivel e avisar aos mecánicos de mantemento en caso de necesidade.

Fraccionamento de lotes

O crecemento dos lotes significa incremento das colas de espera entre os puntos de montaxe, acumulación de stocks intermedios e despilfarro. Hai que acurtar os lotes e lograr, no límite, producións unitarias, facendo que a produción circule o máis fluentemente posible. Ademais, os produtos necesitan de maiores gamas que os diferencien, de aí que grandes lotes de produción estandarizada cada vez teñen menor cabida, necesitándose procesos flexibles.

Seguridade das informacións

Trátase de facer coincidir ao máximo os fluxos de informacións cos fluxos físicos de produto; evítase transportar a información fóra dos lugares nos que é útil para a acción. Dado que se evita o exceso de información, pódese poñer o máximo esmero na súa presentación, coa intención de facela tan expresiva como se poida ante quen a han de explotar. O coidado que nunha organización JIT se ten por respectar a información vai acompañado por un interese máximo na pulcritude dos locais e dos equipos, así como por unha clara localización dos lugares de traballo, os pasillos de circulación e as zonas intermedias de almacenamento.

Menos contabilidade

Dado que a determinación dos costes de produción (contabilidade analítica) implica un gasto, inténtase reducir. Non hai que pensar que a redución dos costes de produción veña da compilación de datos numéricos nunha oficina. Esta redución obtense no taller mesmo, a través da participación cos que viven en permanente contacto con estas realidades.

Noutra orde de ideas, o JIT ten como unha das fundamentais ideas o método «pull» (arrastre) de fabricación. Tradicionalmente viña utilizando o método «push» (empuxe). No método push, a demanda de materiais e produtos en curso é calculada a través de previsións, considerándose o tempo de fluxo ata a etapa final. Basándose neste valor de previsión, controlan todas as etapas, o que xustifica as existencias de pezas, produtos en curso e produtos finais.

Entradas relacionadas: