Principios do Método Educativo de Fröbel

Clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,36 KB

Principios básicos do método educativo de Fröbel

Para entender o pensamento pedagóxico de Fröbel, é necesario analizar os principios xerais da súa teoría da educación. Moitos destes principios son unha adaptación das leis universais da natureza aplicadas ao sistema pedagóxico.

  • Principio de unidade: identifica a unidade entre Deus, a natureza e a humanidade.
  • Lei das transformacións, do equilibrio e da harmonía na natureza: é consciente da visión dinámica da natureza. O destino do ser humano é tomar conciencia dun mesmo, da súa orixe divina, da súa esencia persoal e da esencia interior das cousas.
  • Lei esférica: a semellanza entre o mundo físico e o mundo espiritual está na lei eterna que todo o rexe, que é a esfera. A través dunha linguaxe xeométrica, a figura da esfera representaba a orixe e unidade de todas as formas terrenais e naturais. Observamos que o principio relixioso impregna todo o seu sistema de educación, ata chega a considerar que toda a educación que non se base na relixión cristiá, é unha educación estéril e incompleta.
  • Principio da actividade espontánea creadora: a actividade espontánea dos nenos será unha grande achega na súa pedagoxía. Os nenos podían executar manualmente a dirección do seu espírito.
  • A natureza como mellor medio de aprendizaxe: o contacto cos obxectos permitirá que estes sexan axentes de expresión e revelación do propio neno, pero será a natureza o mellor recurso para estimular a imaxinación dos nenos, a súa formación artística, científica, matemática, literaria e ética. A través da natureza, os nenos poden chegar ata a esencia de Deus.
  • Paidocentrismo, autoeducación, individualidade: o menor será a figura central da educación. O mestre será un facilitador das tarefas educativas que serán conducidas polos propios nenos. Tamén recoñece que cada neno ou nena ten unha capacidade especial, recoñecendo así a súa individualidade.
  • Lei de proximidade: baseada na comparación entre os obxectos, as súas diferenzas e semellanzas, baseada entón na conexión entre o coñecido e o descoñecido. Se non se relaciona o que xa se sabe co que está por aprender, non pode haber avance real no coñecemento.

Entradas relacionadas: