Proceso de Dixestión Humana: Boca, Estómago e Intestino

Enviado por lidia y clasificado en Biología

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,75 KB

O Proceso da Dixestión Humana
Dixestión na Boca

Unha vez inxerido o alimento, realízanse os seguintes procesos:

  • Dixestión mecánica: Realízase coa dentadura e implica a mastigación e trituración do alimento.
  • Dixestión química: A amilase salivar rompe as ligazóns glicosídicas do amidón, producindo o disacárido maltosa. A mucina hidrata e lubrica a comida mastigada, formando un bolo alimenticio que vai cara á farinxe e que facilita a súa deglutición.

Da farinxe, o bolo alimenticio pasa ao esófago, a partir do cal se move lentamente grazas aos movementos peristálticos das paredes de todo o tubo dixestivo.

Dixestión no Estómago

O bolo alimenticio entra ao estómago polo cardia e denomínase quimo. No estómago actúan os zumes gástricos, formados por unha mestura acuosa de pepsina e ácido clorhídrico.

  • A pepsina é un encima que actúa a un pH moi ácido (1,5-2), rompendo as ligazóns peptídicas das proteínas.
  • O ácido clorhídrico proporciona o medio ácido que necesita o encima para actuar. Tamén ten acción bactericida, xa que elimina microorganismos que poderían producir putrefacción.

As paredes musculares do estómago axudan á dixestión ao mesturar os zumes gástricos co alimento mediante movementos peristálticos.

Dixestión no Intestino

O quimo pasa pouco a pouco a través do píloro cara ao duodeno, onde se completa a dixestión grazas ao zume intestinal e ás secrecións do fígado e do páncreas. A mestura que se forma chámase quilo.

A bile, producida no fígado, almacénase na vesícula biliar. Coa presenza de lípidos, a vesícula contráese e verte o seu contido ao duodeno. A bile emulsiona as graxas, o que facilita a acción das lipases.

Os principais encimas son:

  • Amilasa pancreática: Dixire o amidón, e dá lugar a moléculas de maltosa.
  • Disacaridasas: Actúan sobre a maltosa, a lactosa e a sacarosa, e producen monosacáridos, principalmente glicosa.
  • Lipasas: Rompen os triglicéridos, para formar glicerina e ácidos graxos.
  • Tripsina e quimotripsina: Rompen ligazóns peptídicas, para dar péptidos.
  • Peptidasas: Actúan sobre os péptidos e producen aminoácidos libres.
  • Nucleasas: Actúan sobre os ácidos nucleicos separándoos en ácido fosfórico, pentosas e bases nitroxenadas.

Os alimentos permanecen no intestino delgado unhas oito horas. Posteriormente pasan ao intestino groso a través da válvula ileocecal.

Entradas relacionadas: