Procesos de Ensino-Aprendizaxe e Estruturas Cognitivas
Clasificado en Otras materias
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,58 KB
Os procesos de ensino-aprendizaxe
O proceso de ensino está relacionado co docente e co aprendizaxe do alumno. Pero non existe unha relación causal entre eles, xa que non se aprende porque che ensinen, pois nunha aula non aprenden todos por igual. Podemos atopar varios estilos de aprendizaxe:
Por recepción: o que recibimos do entorno
Memorística: grabación de conceptos sen entendelos
Por descubrimento: observación e creación de hipótesis
Aprendizaxe social: aprendizaxe de normas e conductas que son consideradas positivos na nosa sociedade. Aprendemos por repetición cando obtemos un recoñecemento e por evitación cando hai castigo.
Aprendizaxe motriz: aprendizaxe de habilidades ou destrezas
Resolución de problemas
Teoría do ensino: na ensinanza son máis importantes as finalidades (para que) que os porqué. O ensino o que fai é estimular os procesos de aprendizaxe partindo das condicións do suxeito, do seu medio e dos obxectivos pretendidos. Cando hai un proceso de aprendizaxe sempre hai un cambio no suxeto e no medio. O ser humán precisa de fontes de información no proceso ensino-aprendizaxe, cando aFI é recibida polo rexistro sensor pode producir unha resposta observable (acción). Dos rexistros pasa a memoria a curto prazo (7 items) e realizámola acción, esta memoria é útil porque nos permite reaccionar de maneira inmediata e ademáis evita que gardemos información inútil. A memoria a longo prazo é un almacén que non ten límite.
O olvido:
Teoría da huella: superponse a información e acaba desaparecendo
Concepción constructiva do coñecemento: a información previa pode entrar en conflicto ca nova, para acadar un equilibrio modificamos a información previa.
Freud: se algo lle cre conflicto o ego, éste reprímeo e envíao o inconscente, pero esta información non desaparece, pode sair a través de soños e hipnosis.
Nos procesos de ensino-aprendizaxe levamos a cabo diferentes accións cognitivas:
Atención: percepción selectiva
Codificación: a información recibida chega o cerebro, decodifícase e éste da unha acción como resposta.
Almacenamento: cando queremos gardar a información na memoria a longo prazo debémola almacenar de xeito coherente e relacionandoa ca información previa para poder recuperala.
Recuperación: recurrimos a ela constantemente.
Mediante estes 4 elementos construímos e enriquecemos as nosas estructuras cognitivas. Elementos das estructuras cognitivas:
Contidos: información veña de onde veña, varía dunhs persoas a outras e tamén co paso do tempo
Organización: algunhas persoas teñen a información mellor organizada que outras.
Funcionamento: é a maneira de incorporar a información, faise mediante 2 procesos:
Asimilación: modificar unha información para relacionala ca previa
Acomodación: cambiar as nosas estructuras cognitivas para que teña cabida nelas a nova información.