As propiedades da auga e as súas funcións biolóxicas
Clasificado en Biología
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,45 KB
- Auga disolvente: Disolve substancias polares [con carga (ións)/con grupos polares].
- Calor específico moi alto: O calor específico é a cantidade de enerxía que ten que absorber unha sustancia para aumentar 1 ºC a súa temperatura.
- A auga funciona como un tampón térmico, é dicir, amortigua a temperatura. Onde hai masas de auga as temperaturas son máis suaves.
- A densidade aumenta conforme diminúe a temperatura. A auga é unha substancia anómala nese sentido.
- A temperatura da auga na que se fai máis densa son os 4 ºC.
- O xeo é menos denso que a auga, polo tanto, flota.
Disolvente: Moitos compostos orgánicos son polares e disólvense en auga. A auga é o medio onde se vai producir o metabolismo, que son as transformacións que sofren estes compostos orgánicos.
Calor específico elevado: O metabolismo xera e absorbe enerxía, pero a temperatura do organismo practicamente non varía grazas a que a auga absorbe ou cede esa enerxía sen variar practicamente a súa temperatura.
O xeo ao ser menos denso flota e forma unha superficie xeada sobre a superficie das masas de auga que funciona de "tapadeira", impedindo que o aire frío siga enfriando máis a auga. Se o xeo fose máis denso afundiríase e non faría de "tapadeira", chegando a enfriarse toda a masa de auga.
15.
Función estrutural: Forman estruturas celulares e orgánicas (queratina que constitúe uñas, pelos e plumas).
Función de reserva: Actúan como reserva de aminoácidos (caseína do leite).
Función de transporte: Encárganse do transporte de substancias dun órgano a outro (hemoglobina que transporta osíxeno).
Función de defensa: Defenden o organismo de substancias estrañas (anticorpos que neutralizan substancias estrañas que entran no organismo).
Función contráctil: Confírenlles aos organismos a capacidade de se desprazar ou de cambiar de forma (actina e miosina que son as proteínas responsables da contracción muscular).
Función hormonal: Algunhas hormonas son proteínas (insulina que regula o metabolismo da glicosa/hormona do crecemento).