A Prosa Galega (1936-1976): Contexto e Renovación Literaria

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,93 KB

A Prosa Galega entre 1936 e 1976: Os Renovadores

1. Contexto e Liñas Temáticas Principais

Tras o Golpe de Estado de 1936, a produción narrativa en galego interrompeuse ata que apareceu A xente da Barreira de Ricardo Carballo Calero. A partir de entón produciuse unha lenta consolidación do xénero, perfilándose unha serie de liñas narrativas:

Liñas Narrativas Post-Guerra

  • Os continuadores da narrativa do Grupo Nós: Foron Ricardo Carballo Calero, con A xente da Barreira, e o propio Otero Pedrayo con Entre a vendima e a castiñeira e con O señorito da Reboraina.
  • O realismo popular: Cuxa obra fundacional é Á lus do candil, de Ánxel Fole. Son obras humorísticas de ambientación rural.
  • O realismo fantástico: No que Álvaro Cunqueiro mestura elementos culturalistas e populares da realidade coa fantasía.
  • O realismo social: Exposto por Eduardo Blanco Amor, coa novela A esmorga.
  • A Nova Narrativa: Un proxecto rupturista das novas promocións, influídas polos renovadores da novela contemporánea.

2. O Realismo Popular de Ánxel Fole

Ánxel Fole, un republicano-socialista, formou parte da Nova Xeración Galega e do Partido Galeguista tras a súa creación. A Guerra Civil impediu a divulgación do seu libro Auga lizgaira. Rematada a Guerra, refuxiouse nunha aldea quiroguesa, regresando a fins dos corenta á actividade pública.

A súa segunda obra foi Á lus do candil, un conxunto de catorce contos narrados en primeira persoa. O libro iníciase cun prólogo, “Terra do Caurel”, no que o autor adopta o papel de oínte e transcritor da obra, con temática de lendas e relatos populares. A estrutura dos contos está formada por unha anécdota, que está dominada polo racionalismo crítico, evitando caer no costumismo.

Máis tarde publicou Terra Brava, cun prólogo autoral, “Solaina”. O autor finxe transcribir un manuscrito escrito polo seu tío. Tras estas obras, Fole entrou nunha etapa de silencio narrativo, que rompeu coa publicación de Contos da néboa, uns contos humorísticos breves, de ambientación urbana. Desta mesma temática é Historias que ninguén cre.

Características da Obra de Ánxel Fole

A literatura de Ánxel Fole está caracterizada por unha serie de trazos:

  • Naturalismo lingüístico: Adopta o modelo da lingua oral.
  • Predilección polo conto: Especialmente para a narración oral.
  • Realismo narrativo: Os elementos fantásticos teñen xustificación dentro do relato.
  • Orixinalidade técnica e estilística.
  • Compromiso moral coa súa terra e o seu tempo.
  • Percepción da paisaxe como elemento diferenciador da cultura galega.

Entradas relacionadas: