A Prosa Galega de 1936 a 1976: Recuperación e Temáticas

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,96 KB

A Prosa entre 1936 e 1976: A Recuperación da Narrativa

A recuperación da narrativa tras a Guerra Civil, igual que na poesía, debese á xeración de 1936, foi lenta e a primeira novela de postguerra non se publicou ata 1951. Esta xeración de narradores comeza a publicar entre os anos 50 e 60. Na narrativa galega de postguerra podemos atopar:

  • Temática relacionada coa Guerra Civil e a posterior represión fascista.
  • Continuadores da prosa da Xeración Nós en obras como Xente da Barreira de Ricardo Carvalho Calero, e Entre a vendima e a castiñeira de Otero Pedraio.
  • Inspiración na tradición oral galega: indagación no conto popular representada por Ánxel Fole coas obras Terra Brava e A lus do candil, pero sen alonxarse das características propias do relato.
  • Imaxinación como fuxida representada pola obra de Álvaro Cunqueiro, trátase dunha literatura de evasión orixinal e chea de elementos fantásticos.
  • Realismo social: representado pola obra de Eduardo Blanco Amor que inaugura coa súa novela A Esmorga, unha liña realista baseada nunha análise sociolóxica cunha preocupación pola problemática social.

Álvaro Cunqueiro (1911-1981)

A súa produción literaria abrangue distintos xéneros: poesía, narrativa e teatro. A narrativa podemos dividila en dous grupos:

A) As Novelas

Existe un débil fío argumental arredor do cal se van inserindo unha serie de historias fantásticas:

  • Merlín e familia: recréase o personaxe artúrico do mago Merlín, residente no seu pazo galego, e diversos personaxes pidenlle consello e traen consigo as súas propias historias.
  • As Crónicas do Sochantre: trasládanos a fins do século XVIII, na Bretaña francesa, onde o sochantre de Pontivy é chamado para ir tocar a un enterro e monta nunha dilixencia na cal atopa personaxes de ultratumba.
  • Se o vello Simbad volvese ás illas: retoma as aventuras e viaxes do personaxe de As mil e unha noites, que asusta a unha tertulia na que refiren historias fantásticas de lugares diversos.

B) Os Relatos

Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá, Os outros feirantes. Son retratos ou semblanzas de personaxes que Cunqueiro nos presenta cunha deliberada confusión como froito da súa imaxinación ou tomados da realidade. Personaxes inseparables do seu marco espacial e temporal: a Galicia rural de mediados de século. A capacidade de ensoñación transpórtanos a un mundo de misterio e fantasía.

Características da súa obra:
  • Fusión do mundo mítico co mundo cotián.
  • Parodia irónica de grandes obras da literatura universal.
  • Fondo sustrato humano.
  • Confusión permanente da realidade e fantasía.
  • Lingua culta e coidada.
  • Influencias da lingua oral e as consecuencias tráxicas do paso do tempo.

Entradas relacionadas: