A Prosa Galega na Diáspora: Narrativa e Ensaio
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,96 KB
Narrativa na Diáspora Galega
A narrativa da diáspora tiña unha preferencia pola temática relativa á Guerra Civil de 1936.
Ramón de Valenzuela Otero
Publicou en Bos Aires Non agardarei por ninguén, que se centra nas peripecias de Gonzalo Ozores (seguramente o propio Valenzuela) como guerrilleiro e soldado. Tamén escribiu Era tempo de apandar, onde relata o seu exilio francés, a repatriación forzosa, a súa encarceración e a volta á Galicia para traballar nas minas de volframio. Editou ademais O naranxo, un conxunto de relatos curtos.
Silvio Santiago
Estivo preso durante a guerra, pero conseguiu fuxir e exiliarse en Caracas, onde realizou un gran labor cultural. Alí publicou Villardevós, sobre a súa infancia na aldea natal, e O silencio redimido (póstuma), que relata a súa aventura para fuxir de España e as terribles situacións que tiveron que pasar moitas persoas.
Antón Alonso Ríos
Naceu en Bos Aires, regresando a Galicia para unirse á causa republicana, na cal conseguiu ser deputado. Trala guerra fuxiu a Portugal e dende alí marchou a Arxentina. Publicou O siñor Afranio, ou como me rispei das gadoupas da morte, subtitulada “Memorias dun fuxido”, na que narra os meses que pasou percorrendo a España de Franco disfrazado de esmolante portugués e a súa posterior fuxida cara ao exilio.
O Ensaio na Diáspora Galega
Alfonso R. Castelao
Castelao cultivou tamén o ensaio, coa publicación de Sempre en Galicia, que consta dun prólogo e de catro libros:
- Prólogo: Escrito en Badaxoz, onde compara esta cidade coa Galicia do momento, explicando a súa posición no galeguismo.
- Libro primeiro: Escrito entre Barcelona e Valencia, onde intenta convencer aos republicanos da causa galeguista.
- Libro segundo: Escrito en Nova York e no Atlántico, afastándose dos republicanos españois.
- Libro terceiro: Escrito en Bos Aires, durante a II Guerra Mundial, cando espera a desaparición do franquismo pola derrota dos fascismos ante os aliados.
- Libro cuarto: Escrito en Bos Aires, onde trata o tema do federalismo.
Tamén escribiu As cruces de pedra na Galicia, que está entre a produción plástica e a ensaística.
Luís Seoane
Escribiu varios estudos sobre figuras da pintura e das artes coma Castelao, Carlos Maside ou O Bosco. Tamén publicou O que fixeron en Galicia, sobre o comezo da represión en Galicia coa Guerra Civil de 1936, e Comunicacións mesturadas, que recolle guións e textos utilizados para a súa emisión radiofónica Galicia emigrante.
Outros Autores Ensaístas
Outros autores e obras importantes do xénero son Antón Alonso Ríos, Vida e paixón de Castelao e Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda.