A Prosa na Literatura Galega: Irmandades e Xeración Nós
Enviado por Mathy y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 1,45 KB
A Prosa na Literatura Galega
Etapa positiva para a literatura galega. Autores como Pedrayo, Risco, Cuevillas, Castelao e Dieste, entre outros, incorporaron a lingua aos xéneros narrativos: relato, novela, ensaio e teatro. As Irmandades da Fala fixeron que o galego acadase unha altura intelectual altísima.
A Narrativa nas Irmandades da Fala
Destaca Lesta Meis con Néveda (obra sobre a emigración en Cuba, de corte folletinesco). As Irmandades xorden na Coruña. Os autores servíronse de canles de difusión como o xornal A Nosa Terra. Cultívase o relato, a novela curta e a prosa didáctica. A consolidación narrativa correspondeulle á Xeración Nós.
A Xeración Nós
Risco, Pedrayo e Cuevillas por un lado, Castelao por outro, compartían as mesmas inquietudes culturais e políticas. Evolucionaron desde un esteticismo evasivo, neorromántico e cosmopolita ata un galeguismo universal. Participaron nas Irmandades, no SEG e no PG. A cultura galega converteuse no tema central das súas obras. Aportaron unha modernización con atlantismo celta.
Vicente Risco
Fundou a revista Nós con Castelao e o Partido Nacionalista Republicano que máis tarde se integrou no Partido Galeguista. Deixou o galeguismo.