Prosa Narrativa Galega Medieval: Ciclos Clásico e Artúrico
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,48 KB
Prosa Narrativa Galega Medieval
A prosa narrativa galega ten a súa orixe na tradición literaria latina, mantida pola vía eclesiástica, co engadido de elementos da cultura dos xograres. Distinguimos dous grandes núcleos temáticos:
Ciclo Clásico
Inclúense as obras que tratan temas relacionados coa Grecia clásica. Na nosa literatura só se desenvolveu o Ciclo de Troia. Este trata a Guerra de Troia, que comeza coa Ilíada e Odisea de Homero e que foi amplamente cultivado nas literaturas latinas e romances. Este ciclo contén dous textos da nosa literatura medieval. Trátase da tradución do Roman de Troie, a primeira obra de temática troiana:
- Crónica Troiana: Códice escrito por Fernán Martíns por encargo de Pérez de Andrade. Realizado no último cuarto do século XIV.
- Historia Troiana: Texto bilingüe en castelán e galego da segunda metade do século XIV.
Ciclo Artúrico ou Materia de Bretaña
Recibe este nome por ser o Rei Artur un protagonista e porque as accións transcorren na Bretaña francesa ou en Gran Bretaña. Este ciclo narra as aventuras do Rei Artur e os Cabaleiros da Mesa Redonda en busca do Santo Graal, vaso do que beberá Xesucristo na Derradeira Cea. Tivo gran popularidade e houbo numerosas copias, traducións... desta obra na época medieval en Europa. Os feitos deste ciclo xiran en torno a tres eixes:
- O amor: é concibido como libre e sensual, sen relación co matrimonio.
- O ideal de cabalaría.
- A relixión: Está ausente nos primeiros textos. Vémolo no Santo Graal.
Os textos da Materia de Bretaña son:
- Livro de José de Arimateia: Manuscrito do século XVI, copia doutro anterior. Relata a historia do Santo Graal dende que serviu de vaso na Derradeira Cea e de recipiente para conter o sangue de Xesús ata que é levado á Gran Bretaña por Xosé de Arimatea e o seu fillo.
- Catro fragmentos do Merlín: Manuscrito do século XIV. Narra as aventuras do mago Merlín.
- Demanda do Santo Graal: Finais do século XIV - principios do século XV. Narra os feitos dos cabaleiros da corte de Artur: a destrución da Mesa Redonda, descubrimentos...
- Fragmento do Livro de Tristán: Finais do século XIV. Narra os amores de Tristán e Isolda.