A Prosa da Posguerra: Narrativa Galega dos Anos 50

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 8,27 KB

A prosa da posguerra (1)

1. A narrativa na década de 1950

Logo do obrigado silencio posterior á guerra, en 1951 publicouse a primeira novela da posguerra: A xente da berreira de Ricardo Carballo Calero. Tamén en 1950, grazas á editorial Galaxia, comezan a publicar tres importantes autores: Cunqueiro, Eduardo Blanco Amor e Anxel Fole.

Álvaro Cunqueiro naceu en Mondoñedo en 1911. Estudou Filosofía e Letras en Santiago e deuse a coñecer como poeta. Tras a guerra civil, residiu en Madrid integrado no ambiente franquista, onde se dedicou ao xornalismo e comezou a súa carreira literaria en español. Regresou a Mondoñedo e, a partir de 1950, vinculouse con Galaxia, recuperando o galego para a súa obra literaria. Morreu en Vigo en 1981.

A súa obra literaria abrangue poesía, narrativa e teatro. Destacou pola súa capacidade de inventar, onde mestura o cotián e o maravilloso, o real e o mítico, a tradición e a cultura universal.

Obras: Merlin e a familia (1955), As crónicas do sochantre (1956), Se o vello Simbad volvese ás illas (1961)

Eduardo Blanco Amor naceu en Ourense en 1897. Desde moi novo dedicouse ao xornalismo. En 1919, foise a Bos Aires, onde se uniu ao nacionalismo. No seu regreso a Madrid, contactou con Lorca e outros da Xeración do 27. Na posguerra, viviu en Arxentina, onde desenvolveu unha gran labor cultural e publicou parte da súa obra. Foi un poeta vinculado ás vangardas e tamén dramaturgo, e sobre todo, un dos mellores narradores da literatura galega. A súa prosa atópase nunha corrente de realismo crítico social.

Obras: A esmorga (1959), Os biosbardos (1962), Xente agora lonxe (1972)

Anxel Fole (1903-1986) nace en Lugo, estudou Dereito e dedicouse ao xornalismo. Fole destacou como escritor de relatos breves, historias narradas por un personaxe ante outros personaxes que actúan de auditorio e cos que se establece un diálogo. Os temas de Fole proceden da tradición galega, e o obxectivo de Fole é suxerir o sobrenatural con atmosferas de misterio e de tensión.

Obras: A lus do candil (1953), Terra brava (1955), Contos da nevoa (1973)

T1: A carroza. A. Cunqueiro (As crónicas do sochantre) T2: Os lobos, A. Fole (A lus do candil) T3: Os biosbardos, E. Blanco Amor T4: Esmorgantes (A esmorga) T5: A bañeira e o demo, A. Cunqueiro (Merlin e a familia)

FICHA:

A literatura galega do 75 en diante, coa morte de Franco, España tiña un réxime democrático e aprobouse a constitución española no ano 1978, e en 1980 o estatuto de autonomía, en 1983 a lei de normalización lingüística.

Aparece unha industria editorial potente e variada, e nacen editoriais como Xerais, Espiral Maior, etc. Na poesía, destácase: o grupo Rompente (Vigo 1975), integrada por xente como Antón Reixa ou Alfonso Pexegueiro. O grupo

Cravo Fondo (Santiago anos 70), do cal forman parte Ramiro Fonte ou Helena Villar Janeiro. A chamada Xeración

dos 80, cunha preocupación pola forma e con múltiples referencias a poetas universais. Xeración dos 90, autores como Miro Villar, e moitas mulleres como Marta Castaño ou Yolanda Castaño.

A prosa da posguerra (2): A nova narrativa, a finais da

década de 1950 ata comezos da de 1960, a narrativa galega manifesta un evidente afán de ruptura coas formas e temas tradicionais. Xorde así a Nova narrativa galega,

unha tendencia que asimila as correntes máis renovadoras.

No aspecto formal, aposta pola ruptura da cronoloxía lineal do argumento, dándolle relevancia á técnica do monólogo interior e pon en práctica a técnica do ollo cinematográfico.

No aspecto temático, presentan personaxes anónimos, marxinais e inadaptados, con tendencia á violencia e á autodestrución.

As historias desenvolvéronse en ambientes opresivos e claustrofóbicos.

Na nova narrativa galega destacan Xosé Luis Méndez Ferrín, Carlos Casares, María Xosé Queizán, Gonzalo Rodríguez Mourullo, Camilo Gondar e Xohana Torres.

Xosé Luis Méndez Ferrín, naceu en Ourense en 1938. Na época universitaria en Madrid formou parte do grupo Brais Pinto

e, cando volveu, participou activamente na política nacionalista. Na actualidade reside en Vigo. É un escritor polifacético, que escribe poesía, narrativa, ensaio e tamén

artigos xornalísticos. ETAPAS: etapa inicial: dentro do

movemento da nova narrativa, con libros de relato como:

Percival e outras historias (1958), O crepúsculo e as formigas

(1961) e a novela Arrabaldo do norte (1964). Segunda etapa:

na década de 1970, centra en ofrecer unha interpretación política,

destacan: Retorno a Tagan (1971) e relatos breves.

Desde 1980: combina a fantasía, o simbolismo e o realismo. Destacan: Amor de Artur (1982), Arnoia Arnoia (1987)

Carlos Casares Mouriño naceu en Xinzo de Limia no 1941, estudou Filosofía e Letras en Santiago, e foi onde se achegou ao galeguismo. En 1982 foi elixido deputado no Parlamento Galego e dirixiu diferentes institucións culturais. Primeira etapa: vinculada á renovación formal da nova narrativa, as súas obras reflicten a sociedade galega do franquismo, obras: Vento ferido (1967) e novelas como:

Cambio en tres (1969), Xoguetes para un tempo prohibido (1975)

Segunda etapa: recupera un enfoque máis tradicional, renunciando ao experimentalismo con obras como: Os escuros soños de Clío (1979)

Ilustrísima (1980), O sol do verán (2002). Manifesta unha concepción

escéptica do mundo.

Xosé Neira Vilas: naceu en Gres, Vila de Cruces, en 1928, no seo dunha familia campesiña. Pasou a infancia e adolescencia no mundo rural e, en 1949, emigrou a Arxentina, e desde 1994

reside na súa aldea natal. A súa narrativa baséase na tradición da novela realista de tema social e espírito crítico, e escribe as súas obras arredor da Galicia rural e a Galicia inmigrante.

Con Memoria dun neno labrego (1961), iniciou un ciclo de obras en que describe o mundo desde unha perspectiva infantil ou adolescente, e unha obra de estrutura sinxela e linguaxe popular.

A súa narrativa aborda temas do mundo rural, insistindo na visión desesperada da sociedade campesiña marcada pola pobreza,

Xente no codicio (1965), e denuncia as inxustizas que provoca: angustia, morriña, loita cotiá, Historia de emigrantes (1968)

Remuiño de sombras (1973)

T1: O Suso (X.L. Méndez Ferrín), T2: A capoeira

(C. Casares), T3: Eu son… (X. Neira Vilas), T4: Interrogantes

(María Xosé Queizán) T5: Viaxe a través da noite (C. Gondar)

Entradas relacionadas: