Proxecto de ocio e tempo libre: análise, planificación e avaliación

Clasificado en Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,31 KB

¿Que é un proxecto de ocio e tempo libre?

1. O proxecto como elemento de programación

Definir un proxecto é un conxunto de actividades relacionadas entre si, que perseguen uns obxectivos moi concretos e cuxa execución require uns recursos especiais, humanos e económicos, seguindo con este planteamento, diremos que as actividades son o conxunto de accións que se terán que executar para conseguir os obxectivos do proxecto. Cada actividade poderemos dividila nunha serie de accións concretas ou tarefas.

2. Fases na elaboración dun proxecto

Os recursos de que dispoñemos ou o tempo co que contamos, se atopa a planificación é unha previsión das accións que deberemos levar a cabo para alcanzar determinados obxectivos. A planificación dun proxecto de animación sociocultural organízase en unha serie de fases: A planificación organízase en fases:

  • Fase 1: análise da realidade
  • Fase 2: planificación
  • Fase 3: Execución
  • Fase 4: Avaliación

Para que o éxito do proxecto é que as propostas cheguen ás persoas usuarias a través de campañas ou actividades de comunicación e difusión.

Análise da realidade

Unha vez recibido o encargo de elaborar un proxecto de animación sociocultural para o tempo libre, hai que iniciar a primeira fase de análise da realidade. Trátase, como di Cembranos de saber onde estamos para saber a onde imos e como facelo.

1. Análise do contexto

A investigación e o estudo do entorno concreto no que se vai intervir: cidade, vila, barrio ou asociación que hai que contextualización e análise do entorno social, cultural, político e económico.

2. Análise das demandas e necesidades

Recoller as demandas, as necesidades e os intereses da poboación coa cal se vai traballar é, sen dúbida, un obxectivo prioritario que ao mesmo tempo facilitará a súa implicación durante a execución do proxecto.

3. Análise dos recursos

En esta fase do análise da realidade é tamén moi importante recoller toda a información referente aos recursos humanos, espaciais, materiais e económicos de que dispón a comunidade e que son susceptibles de poder ser utilizados, máis adiante, para a execución do proxecto.

Fase de planificación

Unha vez feito o análise da realidade sobre a comunidade, hai que adentrarse na segunda etapa do proceso: a programación ou planificación, os elementos básicos que compoñen esta fase con a redacción dos obxectivos, a elección das actividades e a previsión dos recursos.

1. Os obxectivos

Os obxectivos son o primeiro elemento que teremos que considerar á hora de elaborar unha programación, xa que de eles sairá o resto dos elementos que configuran o proxecto.

2. As actividades

Na fase de planificación han de determinarse e deseñar as actividades que levaremos a cabo para alcanzar os obxectivos definidos no proxecto.

3. Os recursos

Para que un proxecto sexa viable, os obxectivos deben ser alcanzables e os recursos adecuados.

Avaliación de proxectos de ocio e tempo libre

A avaliación en animación sociocultural ten por obxecto comprobar se se conseguiu o que un se había proposto, é dicir, se se cumpriron ou se están cumprindo os obxectivos que se habían previsto.

Entradas relacionadas: