A realidade e a existencia de Deus segundo Descartes
Clasificado en Física
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,28 KB
Realidade obxectiva:
Contido representativo das ideas, é dicir, realidade conceptual ou realidade que compete propiamente ás ideas.
Realidade formal:
Realidade efectiva ou en acto, é a clase de realidade propia dos obxectos.
Realidade eminente:
Clase de realidade que é máis realidade que a formal e, en consecuencia, a inclúe, pero que é menos precisa.
Preguntas e respostas:
Ante a pregunta ¿a qué se debe que unha idea conteña tal realidade obxectiva e non tal outra? A resposta será a seguinte: para que unha idea conteña tal realidade obxectiva e non tal outra, debe haberla recibido de unha causa na cal haxa, polo menos, tanta realidade formal, como realidade obxectiva hai en dita idea. Por exemplo, a realidade obxectiva contida na idea de pedra debe ter por causa, ou ben a pedra, pois esta posúe tanta realidade formal como realidade obxectiva hai na idea de pedra, ou ben un ser máis excelente que a pedra, no cal estea contida, non formalmente senón eminentemente, a realidade representada na idea de pedra.
Conclusión:
De todo isto se segue que se a realidade obxectiva de algunha das miñas ideas excede á realidade propia de min, ata o punto de que esa realidade non estea en min nin formal, nin eminentemente, entón eu non podo ser a causa dunha idea tal (en o texto: o máis perfecto non pode ser unha consecuencia e depender do menos perfecto). Desde o eu, Descartes cre poder xustificar as ideas de ceo, terra, luz, calor... porque a súa realidade obxectiva, (seguindo a terminoloxía escolástica), é dicir, o seu contido representativo ou realidade conceptual, non excede á realidade formal propia do eu, é dicir, á realidade efectiva ou en acto do eu.
A idea de Perfección:
Sin embargo, afirma Descartes, hai unha idea en min cuxa realidade obxectiva sobrepasa a realidade formal contida en min: a idea de Perfección (=Deus). Posto que dúbido, eu non son un ser perfecto ¿de onde procede entón a idea de perfección?
Orixe da idea:
A idea dun ser máis perfecto que eu non pode ser unha idea adventicia (procedente dos sentidos) nin creada por min, é dicir, ficticia (xerada pola imaxinación) posto que toda imaxe sensorial ou imaxinaria é limitada. A idea de Deus é a dunha substancia infinita, eterna, inmutable... e eu, aínda que son unha substancia, son finito, por tanto eu non podo ser a causa de esa idea. Para Descartes sería tan absurdo defender que do menos perfecto surxa o máis perfecto, como defender que da nada surxa algo. Ha de ser, por tanto, unha idea innata, posta na miña mente, afirma Descartes, polo propio Deus.
Certeza:
Temos, en consecuencia, dúas certezas, a certeza da miña existencia como substancia pensante (res cogitans) e a certeza da existencia da substancia infinita ou Deus (res infinita).
Obxectivo de Descartes:
Lo que pretende Descartes é demostrar a existencia de Deus e a súa natureza veraz para destruír calquera motivo de dúbida da correspondencia entre as miñas ideas claras e distintas e a realidade: Deus é a garantía do criterio xeral de