O realismo fantástico de Álvaro Cunqueiro
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,24 KB
Álvaro Cunqueiro, que escribiu tres novelas e tres libros de relatos, ten un estilo e unha técnica que o distinguen dos seus contemporáneos:
- Tendencia á disgregación da novela: Os relatos están argumentalmente inconexos e non se pode falar dunha progresión na narración nin dun relato principal e outro secundario. Existen múltiples narradores.
- Predominancia da oralidade no estilo: O seu modelo básase nos contos de transmisión oral. Ademais, utiliza arcaísmos e dialectalismos.
- Entrecruzamento do extraordinario e o marabilloso co cotián: Elimina as fronteiras entre a realidade e a imaxinación, humanizando o máxico e mitificando os personaxes correntes.
- Fantasía, humor, poeticidade: O cruce do mundo real co mítico produce humor en forma de ironía.
A súa primeira obra foi Merlín e familia, un bo exemplo da disgregación da novela. A obra está constituída por dezasete narracións de argumento independente. Este fragmentarismo vén compensado por:
- A voz narrativa de Felipe de Amancia domina as restantes voces da novela.
- A biografía persoal do Felipe personaxe, desenvolvida nun segundo plano.
- A presenza recorrente de personaxes secundarios.
- Unha liña de progresión temporal moi sutil dun relato a outro, seguindo a maduración de Felipe.
- A recorrencia da mesma secuencia estrutural.
A súa segunda novela é As crónicas do Sochantre, que evoca a Bretaña francesa describindo a imaxe de Galicia. Organízase en tres seccións tituladas "A carroza", "As historias" e "As viaxes".
Escribiu ademais Se o vello Sinbad volvese ás illas..., unha novela de personaxe narrada en terceira persoa. Móstranos a psicoloxía dun personaxe que se acaba recluíndo na imaxinación, que lle permite seguir sendo o que un día foi. Existe un proceso evolutivo coa construción-destrución do personaxe.
Por último, Cunqueiro deixou tres libros de semblanzas: Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá e Os outros feirantes, que retratan seres populares tocados polo extraordinario.