Realismo social na literatura galega: Neira Vilas, Ánxel Fole, Blanco Amor e Álvaro Cunqueiro
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,77 KB
Neira Vilas
Este fragmento pertence á obra de Neira Vilas, un autor que amosará a súa propia versión do realismo social. Este autor elabora nunha ampla obra narrativa unha denuncia da realidade galega tomando como base temática dous factores: o mundo da aldea e o mundo da emigración.
Características:
- Obras ambientadas no mundo rural galego retratan a Galicia campesiña da posguerra.
- Obras con un protagonista-narrador un neno ou adolescente.
- Historias emotivas contadas sin artificios técnicos.
- Enorme riqueza narrativa, polo uso variado das voces, como pola estructura narrativa.
Ánxel Fole
Este fragmento pertence á obra de Ánxel Fole, un autor que fai unha recreación culta dos contos orais tradicionais. Fole publica entre os anos 50 e principios dos 80, catro colecións de contos: A lus do candil, Terra Brava, Contos de neboa e Historias que ninguén cre.
Características:
- Temática propia da narrativa oral (contos de lobos, ánimas,...)
- Lingua falada das terras de Lugo.
- Emprega o humorismo.
- Ambientación rural.
Blanco Amor
Este fragmento pertence á obra de Blanco Amor, o cal nos achega desde o exilio arxentino obras mestas do realismo social. Son historias realistas e urbanas ubicadas en Auria.
Características:
- Espazo urbano.
- Personaxes marxinais en A`Esmorga e obreiros en Xente ao lonxe.
- Personaxes deseñados na súa complexidade.
- Fala popular.
- Emprego da primeira persoa.
Álvaro Cunqueiro
Este fragmento pertence á obra de Álvaro Cunqueiro, un poeta que se fai narrador a partir dos 50 para nos ofrecer unha literatura singular. Salienta no realismo máxico. Nas novelas recrea mitos fantásticos de orixe literaria, mentras que, nas coleccións de contos breves, retrata tipos populares do rural.
Características:
- Eliminación de fronteiras entre realidade e fantasía.
- Múltiples narradores.
- Estrutura narrativa de carácter radial.
Características da triloxía:
- Oralidade.
- Personaxes que proceden do imaxinario colectivo galego.
- Esquema moi definido.
Outros autores
Outros autores que destacan son:
- Carballo Calero que publica a primeira novela da posguerra A xente da barreira.
- Otero Pedrayo parodiando o tema fidalgo na novela O señorito de Reboraina.
Características comúns: Tema NNG
- Pluralidade de voces narrativas.
- Tratamento de tempo: redúcese ao máximo o tempo narrado.
- Personaxes antiheróicos.
- Reflicten a anguriante situación de opresión baixo a ditadura de Franco.
- Lingua renovada.