Recepción de la información: sensación, percepción y atención
Clasificado en Medicina y Ciencias de la salud
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,98 KB
Para comprender o proceso de recepción da información temos que falar de tres procesos: sensación, percepción e atención. Todos os seres humanos percibimos o mundo exterior a través dos sentidos, pero a nosa percepción depende tamén de experiencias anteriores. Constantemente os nosos sentidos son bombardeados por multitude de estímulos.
Un estímulo é a enerxía física que produce unha excitación nun órgano sensorial. Os sentidos ofrécennos un panorama interesante do mundo, pero non sempre son capaces de transmitirnos unha imaxe exacta da realidade. De feito, construímos cantidade de instrumentos para amplificar os nosos sentidos.
Sensación
A sensación consiste en detectar algo a través dos sentidos e os receptores de sensación internos sen que aínda teña sido elaborado ou teña un significado.
Percepción
A percepción non é só unha mera suma dos estímulos que chegan aos nosos receptores sensoriais, senón que cada individuo organiza a información recibida, segundo os seus desexos, necesidades e experiencias. O cerebro transforma inmediatamente os mensaxes sensoriais en percepcións conscientes. A percepción é un proceso constructivo polo que organizamos as sensacións e captamos conxuntos ou formas (gestalt) dotadas de sentido.
Atención
A atención é unha actividade consciente que inibe o que poida interferir, orienta os sentidos, os sistemas de resposta e os esquemas de coñecemento residentes na memoria.
Fases no proceso de percepción
Existen catro fases no proceso da percepción:
- Detección: Cada sentido dispón dun receptor, grupo de células sensibles a un tipo de estímulo.
- Transducción: Parte do noso talento natural depende da capacidade do corpo para converter un tipo de enerxía noutro. Os receptores converten a enerxía do estímulo en mensaxes nerviosos.
- Transmisión: Cando esta enerxía ten a suficiente intensidade, desencadea impulsos nerviosos que transmiten a información codificada, sobre as características do estímulo, cara diferentes partes do cerebro.
- Procesamento da información: Os nosos órganos sensoriais detectan enerxía e a codifican en sinais nerviosas, pero é o cerebro quen organiza e interpreta a información en forma de experiencias conscientes.
Os órganos sensoriais
Os seres humanos dispoñemos de cinco sentidos que nos informan do mundo exterior, chamados exteroceptores (gusto, oído, tacto, olfato e vista). Tamén contamos con outros que reciben información do noso organismo (interoceptores) e outros que nos informan do movemento (propioceptores).
Exteroceptores
- Gusto: Sentido de carácter químico, nos permite percibir moi poucos sabores. Basicamente son só catro (doce, salgado, ácido e amargo).
- Olfato: Sentido químico. O estímulo son as substancias volatilizadas, que excitan os receptores presentes na parte superior das fosas nasais.
- Visión: A maior parte de información exterior que se obtén é visual. A vista é considerada o sentido por preferencia nos seres humanos.
- Audición: É fundamental para a comunicación por medio do lenguaxe.
- Tacto: A nosa sociedade inibe o tacto porque o asocia ao interese sexual, aínda que o afecto non é o mesmo ca o sexo.
Propioceptores
- Sentido cinestésico: Nos informa da posición relativa do corpo e do que fai durante o movemento; tamén regula a tensión muscular do organismo.
- Sentido vestibular: Proporciona información sobre o movemento, orientación da cabeza e do corpo respecto á terra conforme se desprazan as persoas.
Interoceptores
- Sentido orgánico: Nos indica o estado dos nosos órganos internos a través das células viscerais.
- Nocioceptores: repartidos por todo o corpo (sensacións de dor).
A capacidade humana de recibir estímulos é limitada, non podemos ter sensación de todo. Na nosa sensación existen diferentes umbrais.