Redacción técnica: cartas, parágrafos e abreviacións
Clasificado en Matemáticas
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,15 KB
Partes dunha carta formal
Unha carta formal consta das seguintes partes:
- Membrete: cos datos completos.
- Destinatario/a: nome, enderezo e posto ou cargo.
- Lugar e data: en que se escribe.
- Asunto: sintetizado en moi poucas palabras.
- Saúdo formal: variará segundo o cargo, posto ou relación co receptor/a.
- Corpo da carta: non deberá excederse en detalles superfluos.
- Despedida: seguindo o tratamento comezado no saúdo.
- Sinatura: do emisor ou emisora da carta.
Estrutura de parágrafo
Defínese como un conxunto de oracións que desenvolven un único tema. Un parágrafo ben estruturado contén:
- Frase inicial: elemento máis importante. Ao ser o primeiro que lemos, debe introducir o tema central.
- Frases centrais: desenvolven o tema e poden estar estruturadas entre elas mediante conectores textuais.
- Frase final: serve para pechar o parágrafo con algún comentario global, unha recapitulación ou unha idea relevante.
Situación sociolingüística actual de Galicia
O conxunto da poboación demostra, en xeral, posuír un bo dominio do galego. O 96% afirma entendelo moito. No que se refire á capacidade oral activa, se sumamos as opcións máis favorables ao galego, o 87% afirma saber falar galego. A porcentaxe descende ao 77% nos menores de 15 anos. Con respecto ás destrezas escritas, a tendencia xeral indica unha clara mellora neste período de dez anos, aínda que con algúns matices tamén nos máis novos.
Abreviaturas
Son representacións reducidas de palabras ou enunciados. Teñen as seguintes características:
- Deben recoller varias letras da palabra, mellor que só a inicial.
- Fórmanse pola eliminación da parte final da palabra.
- Nalgúns casos fórmanse só mediante a primeira letra da palabra.
- Escríbense sempre con punto e final.
Siglas
Son formacións léxicas nas cales se empregan as iniciais de varias palabras para abreviar o enunciado. Características:
- Fórmanse coas iniciais dos substantivos, adxectivos e verbos da denominación.
- Ao lelas pódense silabear.
- As siglas que rematan en G, cando é abreviatura, adóitanse ler como acrónimos.
- Non admiten plural.
Acrónimos
Están formados polas iniciais e outras letras de varias palabras. Características:
- Toman máis letras ca as iniciais.
- Escribiranse en maiúscula ou coa inicial en maiúscula.
- Forman o plural como calquera outro nome.
- Adoptan o xénero da primeira palabra que entra en formulación.
Símbolos
Son abreviacións de carácter universal que se usan na ciencia e na técnica. Exemplos:
- Símbolos para representar as unidades de peso e medida reguladas polo SI de U.
- Símbolo para cada elemento químico.
- Os puntos cardinais.
- Algunhas moedas, como o euro (€).