A Reforma Agraria Liberal e a Desamortización no Século XIX
Clasificado en Historia
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,4 KB
A Reforma Agraria Liberal e as Desamortizacións
Estes documentos remóntanse ao século XIX, durante o reinado de Isabel II, nunha época na que había que asumir numerosas débedas, polo que tiveron que tomar medidas facendo unha reforma agraria: a desamortización. Nela produciuse unha venda pública dos bens rústicos e urbanos das chamadas "mans mortas" da Igrexa católica e das ordes relixiosas. Este foi un longo proceso.
Fases do Proceso Desamortizador
Neste proceso de desamortización diferéncianse tres fases principais.
A Desamortización Eclesiástica de Mendizábal (1835-1836)
A primeira foi entre 1835 e 1836, impulsada polo progresista Mendizábal, que levou a cabo a desamortización eclesiástica mediante dous decretos. O primeiro supuxo a supresión de todos os mosteiros de ordes monacais e militares, con excepción daqueles que prestasen servizo de auxilio social. O seguinte decreto estableceu a venda dos bens inmobles das institucións suprimidas, o que vemos no doc. 1, citado no seu artigo 1, onde se declara a venda destes bens raíces de calquera clase pertencentes ás comunidades ou corporacións relixiosas extinguidas. Neste doc. 1, Mendizábal escríbelle a María Cristina de Borbón explicándolle os beneficios da desamortización, como cubrir a débeda existente e a utilización de terras que estaban en desuso.
Os obxectivos básicos de Mendizábal eran:
- Reformar o réxime da propiedade cara a unha propiedade individual e libre fronte ás "mans mortas".
- Cubrir os gastos do Estado provocados pola Guerra Carlista.
- Reducir a débeda pública.
- Conseguir apoio social para a causa liberal.
- Debilitar aos inimigos do liberalismo (clero e Igrexa).
Esta desamortización foi a que máis afectou a Galicia.
Continuación con Espartero e o Concordato de 1851
En 1841, durante a rexencia de Espartero, completouse a desamortización eclesiástica de Mendizábal. Polo decreto de setembro de 1841, citado no doc. 2, foron declarados nacionais os bens do clero secular e postos en venda con finalidades facendísticas, como se indica nos seus artigos 1 e 3, onde se declara a venda destas propiedades e tamén se declaran como bens nacionais. En 1844, os gobernos moderados paralizaron o proceso. Co Concordato de 1851, a Igrexa aceptou as vendas realizadas a cambio do sostemento económico do clero por parte do Estado.
A Desamortización Xeral de Madoz (1855)
Poucos anos máis tarde, durante o breve período do Bienio Progresista (1854-1856), foi aprobada a Lei Xeral de Desamortización, presentada por Pascual Madoz en 1855. Iniciouse así a desamortización civil, pola que se puñan en venda os bens propios e comúns dos concellos, o que aínda quedaba da desamortización eclesiástica e os das ordes militares, como se di no artigo 1 do doc. 3. Foi a lei que maior volume de terras puxo en venda.
Consecuencias Sociais da Desamortización
A desamortización tivo consecuencias negativas para os campesiños máis pobres, porque a miúdo supuxo a privatización de terras comunais das que dependían para a súa subsistencia, perdendo o acceso a elas.