Reforma de la Ley: Obxectivos e Impacto

Clasificado en Electrónica

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,54 KB

Obxectivos xerais da reforma:

Reforma integral da organización e funcionamento das Administracións centrada en 2 eixes:

EIXE 1: A ordenación das relacións externas da Administración con cidadáns e empresas (Ley 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas).

EIXE 2: Mellora das relacións internas dentro de cada Administración, estatal, autonómica e Local, e entre as distintas Administracións (Ley 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do Goberno e do sector público).

¿Qué se persegue coa nova lei?

1. Acercar a administración ao cidadán.

2. Desburocratizar o funcionamento da administración (funcionamento complexo e arcaico)

3. Agilizar os procedementos (eliminación de trámites e acurtamento de prazos)

4. Reducir cargas aos cidadáns

5. Mellorar a calidade na prestación dos servizos, para mellorar a calidade de vida dos nosos cidadáns.

6. Aforrar costes económicos no funcionamento diario, á administración e ao cidadán.

Obxectivos concretos da lei 39/2015:

- Mellorar a eficiencia cunha Administración totalmente electrónica con cero papeis e interconectada nas súas relacións con cidadáns e empresas.

- Incrementar a seguridade xurídica gañando en certeza e previsibilidade ao sistematizar nunha soa lei a regulación das relacións externas da Administración con os cidadáns e empresas: procedemento administrativo e principios aplicables ao exercicio da iniciativa lexislativa e potestade regulamentaria.

- Mellorar a calidade normativa do ordenamento xurídico.

Facilitase o uso de medios electrónicos, simplificando os medios electrónicos a través dos cales os cidadáns poden relacionarse coas Administracións Públicas:

- Asistencia persoal dos funcionarios aos cidadáns non habituados ao uso de medios electrónicos.

- Salvagarda do dereito a relacionarse coas AAPP por medios tradicionais.

- Equiparación das notificacións en papel e as electrónicas.

- Calquera cidadán poderá presentar escritos a calquera hora, a través do rexistro electrónico de calquera Administración.

- Con carácter xeral, só se pedirá a identificación (non a sinatura) do interesado.

- Poderase avisar mediante mensaxe ao teléfono móbil de que ten unha notificación que poderá consultar na sede electrónica da Administración correspondente.

Simplifícase e axilízase o procedemento administrativo, mediante:

◦ A redución de cargas administrativas:

◦ Prevese un procedemento administrativo “exprés” para supostos de menor complexidade gañando en axilidade e reducindo prazos (prazo de 30 días para resolver).

◦ Redúcese o número de procedementos especiais. Desaparece o procedemento especial en materia sancionadora e de responsabilidade patrimonial, agora son trámites especiais do procedemento común, e deróganse os seus reais decretos reguladores.

◦ Xeneralízase a posibilidade de reducir o importe das sancións por pronto pagamento ou por recoñecemento da responsabilidade.

Realizarase unha consulta pública con carácter previo á elaboración dunha proposta normativa, para recadar a opinión dos futuros afectados pola norma.

Mellora a seguridade xurídica:

◦ Apostando pola planificación normativa “ex ante” cun Plan Anual Normativo (PAN).

◦ Avaliación “ex post” das principais normas aprobadas para avaliar o cumprimento dos seus obxectivos e efectos.

¿Qué normas derroga a lei 39/2015?

Debemos acudir á disposición derogatoria única da lei, indicando entre outras:

a) Lei 30/1992

b) Lei 11/2007

c) Real Decreto 429/1993

d) Real Decreto 1398/1993

¿Cando entra en vigor?

Segundo a Disposición Final Sétima, a Lei entrará en vigor ao ano da súa publicación no «Boletín Oficial do Estado». É dicir, a lei entrou en vigor o 2 de outubro de 2016.

Non obstante, producirán efectos aos dous anos da entrada en vigor da Lei:

- As previsións relativas ao rexistro electrónico de apoderamentos.

- Rexistro electrónico.

- Rexistro de empregados públicos habilitados.

- Punto de acceso xeral electrónico da Administración.

- Arquivo único electrónico.

Entradas relacionadas: