A Reforma Protestante e a Igrexa Anglicana: Unha Crise Espiritual

Clasificado en Religión

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,15 KB

A Reforma Protestante: A Igrexa Anglicana

A Crise Espiritual da Igrexa

Cara ao final da Idade Media, existía certo malestar en amplos sectores da sociedade polo rumbo que tomara a Igrexa. Entre os motivos deste descontento destacaban:

  • O luxo esaxerado que rodeaba á alta xerarquía eclesiástica.
  • A escasa cultura e a relaxación dos costumes do clero, que non era un bo exemplo de comportamento tendo en conta que administraba os sacramentos e interpretaba a Biblia.
  • A compravenda de cargos eclesiásticos, non por vocación relixiosa, senón para obter beneficios económicos.
  • A venda de bulas e indulxencias, que enriquecía a Igrexa coa escusa de outorgar o perdón polos pecados e facilitar o acceso ao paraíso.

Así, comezaron a aparecer críticas á doutrina católica e á xerarquía eclesiástica, dando orixe á Igrexa Luterana, á Igrexa Calvinista e á Igrexa Anglicana.

A Igrexa Anglicana

Xurdiu en Inglaterra co rei Henrique VIII cando o Papa se negou a concederlle a anulación do seu matrimonio con Catarina de Aragón, filla dos Reis Católicos.

En 1534, o monarca proclamou a Acta de Supremacía, mediante a que se separaba de Roma e se proclamaba xefe supremo da Igrexa de Inglaterra.

A xerarquía eclesiástica quedou sometida ao Estado, pero mantivéronse algúns dogmas e ritos católicos.

Henrique VIII mantivo unha forte preferencia pola liturxia católico-romana tradicional durante o seu reinado, de xeito que os reformadores protestantes non puideron realizar practicamente ningún cambio nas doutrinas e prácticas da Igrexa de Inglaterra baixo o seu mandato. Pero baixo o goberno do seu fillo, Eduardo VI, a Igrexa chegou a ser teoloxicamente protestante. Sen embargo, isto volveu a cambiar cando María I chegou ao trono en 1553, xa que estableceu de novo a Igrexa Católica. María I recibiu o alcume de María "a Sanguinaria" (Bloody Mary). O establecemento, baixo o goberno de Isabel I, dunha Igrexa de Inglaterra claramente protestante, aínda que moderada (recoñecía a súa herdanza católica e apostólica), permitiu consolidala legalmente.

Entradas relacionadas: