A regencia de Mª Cristina e Isabel II: liberalismo e constitucionalismo en España

Clasificado en Griego

Escrito el en gallego con un tamaño de 8,01 KB

A regencia de Mª Cristina (1833-1840)

La regencia de Mª Cristina (1833-1840), iníciase coa fase moderada (1833-1835), transición entre o Estado absolutista de Fernando VII e o liberal de Isabel II, con reformistas como Cea Bermúdez. Ante a necesidade de apoios, chamou a Martínez de la Rosa, liberal moderado. Elaborouse o ESTATUTO REAL (1834). A insurrección en 1835 levou á revolución liberal (1835-1840). Mendizábal como presidente, tomou medidas para desmantelar o Antigo Réxime: liberdade de imprenta, Lei de supresión de conventos e Decreto de Desamortización dos bens do clero regular. Estas medidas provocaron a súa destitución. A rexente intentou volver ao moderantismo, o que provocou o pronunciamento na Granxa; entregando o Goberno aos progresistas e restablecendo a Constitución de 1812. O goberno progresista de Calatrava (con Mendizábal como home forte) eliminou o réxime señorial, o maiorazgo e o diezmo, restableceu a Lei Municipal e redactouse a CONSTITUCIÓN DE 1837. En 1840, Espartero da un golpe de Estado que provoca a saída de Mª Cristina.

La Regencia de Espartero (1840-43)

Tras o ministerio-regencia de Espartero, en 1841 as Cortes o elixiron rexente. Durante a rexencia de Espartero o seu autoritarismo (chegou a bombardear Barcelona) suscitou a oposición de progresistas e militares. Moderados e progresistas organizaron un pronunciamento liderado por Narváez, que lle obrigou a dimitir.

ISABEL II (1843-1868)

As Cortes proclaman a maioría de idade de Isabel II con só trece anos, iniciando o reinado efectivo (1843-1868). Dividiuse en 3 fases:

En la Década moderada (1844-1854)

Narváez, home forte da raíña, acometeu distintas medidas: Suprimiu a Milicia Nacional e creou a Guardia Civil (1844); promulga a CONSTITUCIÓN DE 1845, control da Administración provincial e local; novo Código Civil e Penal; Reforma fiscal; e Concordato de 1851. Co aumento do autoritarismo fundouse o Partido Demócrata (1849), ala máis radical do partido progresista. Reivindican o sufraxio universal, Cortes unicamerales, liberdade relixiosa, instrución primaria gratuita e intervención do Estado en ámbitos sociais. A suspensión das Cortes 1854 aumentou o descontento.

El Bienio progresista (1854-1856)

Comeza co pronunciamento do xeneral O´Donnell en Vicálvaro (Vicalvarada). Na súa retirada, únese o xeneral Serrano, e proclaman o Manifiesto de Manzanares. Isabel II encargou goberno a Espartero. Restaura: Lei de Imprenta, Lei Electoral e Milicia Nacional. Elaboran a Constitución de 1856, non-nata (no nacida). En economía aprobou a Desamortización de Madoz (1855) de bens eclesiásticos, municipais e do Estado; Lei de Ferrocarrís (1855), Lei Bancaria (1856). A crise económica fixoo dimitir.

La Unión Liberal (1856-1868)

Alternan moderados e Unión Liberal (partido liberal surxido dos moderados que acollía a progresistas). O´Donnell, co seu partido a Unión Liberal, intentaba establecer un liberalismo centrista (ala dereita progresista e ala esquerda moderada); devolvería España o prestixio internacional. Narváez cos moderados enfrontouse á sublevación dos sargentos do cuartel de S. Gil e ao Pacto de Ostende (progresistas, demócratas e republicanos, querían destronar á raíña e convocar Cortes Constituíntes). A morte de Narváez e O´Donnell, aislou á raíña. En setembro de 1868 os xenerais Prim e Topete inician a sublevación “La Gloriosa”, dirixida por Serrano que provocou a caída de Isabel II e abriu a esperanza dun réxime democrático.

En este periodo prodúcese a ruptura definitiva dentro do liberalismo español entre os bandos:

  • Moderados: buscan unha centralización do poder controlando as institucións, dando máis poder á coroa, facendo unha política económica proteccionista e o control de algúns dereitos individuais, como a liberdade de prensa. Pretenden o sufraxio censitario e o Estado confesional católico. Buscan acordos coas forzas do Antigo Réxime. Son pouco amigos das desamortizacións. Os seus líderes serán os xenerais Narváez, O’Donnell e Serrano. Contaron co favor da raíña e ocuparon o poder durante a maioría do seu reinado.
  • Progresistas: dan maior liberdade de autogoberno a rexións e concellos, dan máis poder ás cortes, queren economía librecambista e ampliación de dereitos individuais. Ademais, defenden o sufraxio universal masculino, o Estado aconfesional e as desamortizacións das terras mortas ou improductivas. Destacamos a políticos como Mendizábal, Espartero e Prim. Tiveron que dar golpes de Estado (pronunciamentos) para conseguir o poder, debido a que os sistemas electorais favorecían sempre aos moderados.

En ambas tendencias liberais, os militares ocuparon os cargos de maior responsabilidade dos dous partidos e proliferaron ao longo deste reinado, numerosos pronunciamentos militares. Estes militares, eran liberais, non golpistas, pretendían impor a súa ideoloxía liberal cando as cousas en España non funcionaban.

Durante o reinado de Isabel II elaboráronse unha serie de constitucións que poñen as bases xurídicas dun liberalismo en España. Delas, podemos destacar o Estatuto Real de 1834 e as Constitucións de 1837 e 1845. O ER do 34 é de carácter moderado, como a C45, mentres que a C37 é progresista aínda que con matices moderados, mesturando aspectos do ER34 e a C12.

El Estatuto Real de 1834

Aprobado en abril de 1834. Tratábase dunha especie de carta outorgada que recoñecía a igualdade ante a lei dos cidadáns pero concentraba todo o poder no rei-raíña. Era unha especie de Constitución sen chegar a selo, que poñía as bases xurídicas do país. Tinha 50 artigos, establecendo neles unhas Cortes bicamerales (2 cámaras) onde a Coroa, tiña maior poder e excluía o concepto de soberanía nacional.

As cámaras dividíanse da seguinte forma

  • El Senado: Formado pola nobreza e o clero máis os ricos burgueses, os senadores tiñan postos vitalicios e eran nomeados ou propostos pola raíña. Constituían a elite da sociedade española e estaban máis cercanos a teses moi moderadas.
  • El Congreso: Elixidos por sufraxio censitario indirecto (por preselección), só podían votar ao congreso, aqueles que acadaban unha renda mínima anual. En realidade, só podían votar un 1% da poboación española.

Constitución de 1837

En xuño de 1837, co goberno de Mendizábal, créase unha nova Constitución de base progresista pero con importantes matices moderados. A pesar de ter maioría nas Cortes, os progresistas decidiron pactar concesións políticas moderadas coas seguintes características:

  • Recoñecemento da soberanía nacional
  • Reforzamento do poder executivo (Coroa) con respecto ao poder lexislativo (Cortes)
  • Bicameralismo, dividido en dúas cámaras: Congreso de sufraxio censitario (só 5% votaban) e o Senado con membros elixidos pola raíña.
  • Declaración dos dereitos individuais. Con liberdade de prensa sen censura pero con Estado Confesional católico.
  • A coroa nomea aos seus ministros que poden ser censurados polas Cortes.

Ademais da C37, elimínase por completo todos os vestixios do antigo Réxime (Inquisición, dereitos señoriais, gremios, maiorazgo, etc.).

Constitución de 1845

Redáctase unha nova constitución, xa coa maioría de idade da raíña, a de 1845, que ten as seguintes características: soberanía compartida entre a coroa e as cortes, limitación do poder das cortes a favor da coroa, sufraxio censitario, redución dos dereitos individuais, recoñecemento do catolicismo como relixión oficial, bicameralismo (senado elixido pola raíña e congreso por sufraxio censitario). De carácter moderado, difire da de 1837 en unha serie de aspectos esenciais: Soberanía compartida do Rei e as Cortes. Isto concreta en un poder lexislativo compartido por ambas institucións e nunha clara preeminencia da Coroa no proceso político. Recorte dos dereitos individuais, especialmente a liberdade de expresión.

Entradas relacionadas: